O mundo dos selos
Enviado por ceippio12 o Lun, 2015-03-30 09:09
|
O mundo dos selos é unha actividade que pretende familiarizar aos escolares coas posibilidades do selo como un elemento de cultura e diversión colaborando na súa formación persoal e ao tempo que conseguir que a palabra CORREO non se identifique de xeito imediato cos e-mails. A actividade, patrocinada por Correos e Telégrafos, consta de dúas actividades: 1. Unha exposición formada por tres espazos diferenciados composta de:
2. Obradoiro de filatelia virtual con contidos adaptados á idade na que os participantes atoparán: xogos educativos sobre a historia do selo, puzzles, actividades gráficas, etc.
|
|
O día 14 ás 17:30h. realizarase a inauguración oficial da exposición con representantes institucionais, nunha xornada de portas abertas na que se entregará a un alumno ou alumna do centro o premio do concurso de debuxo “O selo da túa localidade” que consistirá nun selo de curso legal elaborado pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.
A gañadora foi a alumna de 6ºC Sara Varela Míguez. Parabéns! |
||
|
»