Pedro e o lobo


 

Pedro e o lobo

Auditorio de Galicia


 

A compañía de monicreques Fantoches Baj presenta a súa adaptación do clásico e popular conto Pedro e o lobo de Prokofiev. O seu conto narra a historia de Antón, Mariola e Pedro, antigos operarios do ferrocarril aos que un día lles tocou desmontar a estación da súa aldea, Montefurado

Tras atopar a gorra do avó de Pedro pensaron no disgusto que tería ao ver destruída a estación na que traballara e decidiron construir un parque temático sobre o tren. Nun vello vagón (a casa do avó de Pedro) cóntannos unha das historias de Montefurado: o día que toda a aldea andaba na procura do lobo... Pedro e o Lobo de Prokofiev é o grande clásico dos concertos didácticos para a infancia. Desde a súa estrea en 1936 foron acometidas numerosas postas en escena con moi diferentes plantexamentos.

  • Alumnado 6º de EI. 9 de marzo.