Meteoescolas


A NOSA ESTACION

  O centro público Pio XII, Santiago de Compostela, colabora no proxecto MeteoEscolas, “O meu clima: ollando o tempo para adiante e para atrás”.
Coa participación neste proxecto pretendemos que os alumnos e alumnas do centro desperten o seu interese pola indagación científica, o traballo colaborativo na recollida diaria de datos da estación meteorolóxica da escola e o seu estudo posterior dentro das aulas, a iniciación á predicción do tempo e ao desenvolvemento das competencias básicas.
Coa observación diaria intentamos que o alumnado tome conciencia dos cambios máis importantes e os estados do tempo que máis se repiten, aproximándose, así, ao estudo da climatoloxía dunha zona ou comarca.

 

  Ubicación: situada na parte lateral esquerda do colexio que dá cara o nordés, entre muro que delimita recinto escolar e nave principal do colexio, na zona baixa de Santiago perto ao cauce do Rio Sarela (200 m) e Monte Pedroso.
Coordenadas Google Earth:  N 42º52’46.02” –  O 8º33’04.62”     Altitude: 239 m