Xosé María Díaz Castro


Xosé María Díaz Castro


Naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega, ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas).
En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos, editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra.
O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país.
Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender para o emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela.
Tras unha vida entregada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceu en Lugo en 1989.

  Actividades

  • 15 de maio. Festival de infantil e 1º ciclo.
  • 16 de maio. Festival de 2º e 3º ciclo

Concursos


 

No concurso poderá participar o alumnado de 3º ciclo de EP do centro. Os traballos consistirán na creación dunha historia de base popular, literaria ou creación propia.
Valorarase a calidade lingüística respectando un tempo máximo de 5 minutos.
As narracións serán expostas na Semana das Letras Galegas.
O xurado estará composto por dous representantes de cada clase.


Premio

O gañador ou gañadora recibirá un premio de 50€ nun ticket-regalo.


  

Si cantas, bailas ou tocas algún instrumento
Participa o día 19 de xuño no maratón musical de fin de curso.
Ese día entregaranse os premios do relato escrito
Anótate na Xefatura de Estudos antes do 13 de xuño

Nós tamén contamos.


Esta actividade proposta polo equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca, consistíu en que cada clase ten que contar un conto , historia,  relato ou interpretar unha canción ao alumnado doutro nivel, participando nesta actividade o alumnado de Educación Infantil, 1º e 3º ciclo de Educación Primaria.

Deste xeito pretendeuse fomentar a lectura e a fala en galego diante do público, así como acadar unha maior integración  do alumnado entre os diferentes níveis.

Este actividade realízouse a semana anterior ás Letras Galegas, segundo a secuencia que se indica de seguido:

  • 3 anos B fixo “o xogo da carrasquiña”
  • 3 anos C recitou o poema “A nena vai a escola”
  • 4 anos A  recitou “ A lúa cega"
  • 4 anos B relatou “A señora Paca"
  • 4 anos C interpretaron a canción “Fun o mercado”
  • 5 anos A representou o conto titulado “ A Casa da Mosca Chosca”
  • 5 anos B interpretou o conto “A mora“
  • 5 anos C representou “A noite das mudanzas”
  • 1ºA  representou “A pota Máxica”
  • 1ºB recitou “Poemas de primavera”
  • 2ºA representou o conto inventado polo alumnado”os nenos recicladores”
  • 2ºB representou “Un gato na árbore”
  • 2ºC  relatou o conto “ A que sabe a lúa?”
  • 5ºA fixo una adaptación do conto popular “O gato  con Botas”
  • 5ºB fixo unha adaptación do conto “A ratiña presumida”
  • 5ºC  "Alí baba e os 20 ladróns"
  • 6ºA interpretou o conto inventado polo alumnado titulado “O gato Guille e os Monstruos”
  • 6ºB representou o conto inventado polo alumnado ”O misterio da coroa”
  • 6ºC  fixo una interpretación do conto inventado polo alumnado titulado” O poder de Matilda”