De cara a este segundo trimestre, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso tecnolóxico. No concurso poderá participar o alumnado de 3º ciclo de EP do centro. Os traballos consistirán na creación dun aparello no que se empreguen diversos elementos tecnolóxicos estudados. O xurado valorará o inxenio, a calidade e a concordancia entre o traballo realizado e á idade do autor. Os traballos que serán expostos no centro, deberán estar entregados ao titor/a respectivo antes do 24 de marzo. No traballo figurará o nome, curso e nivel do alumnado.O gañador recibirá un premio de 50€ nun ticket-regalo.
Premio
Un premio de 50€ nun ticket regalo para o gañador ou gañadora.
No concurso poderá participar o alumnado de 3º ciclo de EP do centro. Os traballos consistirán na creación dunha historia de base popular, literaria ou creación propia. Valorarase a calidade lingüística respectando un tempo máximo de 5 minutos. As narracións serán expostas na Semana das Letras Galegas. O xurado estará composto por dous representantes de cada clase.
Premio
O gañador ou gañadora recibirá un premio de 50€ nun ticket-regalo.
Si cantas, bailas ou tocas algún instrumento Participa o día 19 de xuño no maratón musical de fin de curso. Ese día entregaranse os premios do relato escrito Anótate na Xefatura de Estudos antes do 13 de xuño.