Paula Carballeira


 

Paula Carballeira.

"Casas"


Casas repasa en vinteun capítulos outros tantos tipos de vivendas nas que os seres humanos ou os animais moran. Faino, amais, alternando o relato en prosa co poema narrativo, nunha complementariedade que engade un agradecido plus estilístico a un discurso sempre imaxinativo, benhumorado e non por iso exento de comprometida crítica para con sensibles cuestións sociais que aparecen sutilmente tratadas como pano de fondo.

Desfilan, así, pola obra as casas de palla, as casas niño dos paxaros, a casa ás costas do caracol, a casa allea do cuco, a casa haima, a casa iglú, a casa de bonecas ou a casa barco, entre outras.


  • 25 de febreiro. ALumnado de 2º ciclo