Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar 2024-2025

Estimadas familias,

Informámosvos que a Consellería de Educación establece, na súa Resolución do 10 de setembro de 2024 un calendario, durante o primeiro trimestre do presente curso escolar 2024/2025, para o desenvolvemento das eleccións dos representantes nos Consellos Escolares,

No noso centro educativo, este proceso electoral desenvolverase de acordo co seguinte calendario (ver arquivo adxunto).

Pulsa na imaxe de arriba para ver o documento en pdf

AXUDAS material escolar para o curso 2024/2025 do CONCELLO DE BEGONTE

O Concello de Begonte convoca unhas axudas de material escolar para os alumnos de Educación Primaria e libros para os alumnos/as da ESO. 

  1. Prazo de presentación: 18/09/2024 - 17/10/2024
  1. Procedemento: Axudas para material escolar e libros ESO curso 2024/2025:

Pódese solicitar a axuda na sede electrónica do Concello de Begonte, ticando en Tramitación electrónica (ou procesamento electrónico) en "axudas para material escolar".

Nota: Para poder realizar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Begonte e necesario identificarse electrónicamente con certificado dixital de persoa física, dni electrónico ou ter clave.

Periodo de ADAPTACIÓN 4º infantil (3 anos) para o curso 2024-2025

Segundo a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de Educación Infantil que se incorpora ao cuarto curso da Educación Infantil (3 anos) non se poderá prolongar máis aló do 17 de setembro.

É un período que, sérvelle aos alumnos e ás familias, para o paso gradual dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo, durante estes primeiros días, teremos unha incorporación progresiva dos nenos e nenas cun horario reducido e flexible.

Faremos unha reunión con todos os pais e nais dos alumnos de 4º de E.I, o día 10 de setembro ás 11:00 horas (na aula de 4º de E.I) para coñecernos, aclarar posibles dúbidas e dar algunhas pautas para este curso escolar que comeza. 

Asignación dos alumnos aos grupos

Grupo A

Beceiro Q., A

 Caamaño P., N.

 Galeru, N-M

 González R. E.

Grupo B

Guenani, A.

Montoya M., P

Owen N., S.

             

Horario dos grupos durante o periodo de adaptación

11/09/2024

Grupo A: 10:00 a 11:00

Grupo B: 12:00 a 13:00

12/09/2024

Grupo B: 10:00 a 11:30

Grupo A: 12:00 a 13:30

13/09/2024

Grupo A e B: 10:00 a 12:00

16/09/2024

Grupo A e B: 10:00 a 13:00

17/09/2024

Grupo A e B: 10:00 a 13:00

18/09/2024

Grupo A e B: 9:00 a 14:00

 
 
Nota: O día 18 de setembro, os alumnos e alumnas usuarios de comedor e transporte, xa poderán facer uso deses servizos.

Listaxes do FONDO SOLIDARIO de libros de texto e AXUDAS para a adquisición de libros de texto e material escolar

Fíxose pública a listaxe PROVISONAL de solicitudes admitidas en Fondo Libros; así como, o número de libros que lle corresponde a cada alumno ou alumna.

Polo caracter CONFIDENCIAL destas listaxes (segundo o artigo 13 e na disposición adicional sexta da Orde do 7 de maio de 2024 (DOG do 20/05/2024), están suxeitos ao deber de confidencialidade e á lexislación sobre protección de datos) soamente poden consultarse de dúas formas: 

  1. Coa chave 365 ou certificado dixital na propia aplicación da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
  2. Na listaxe exposta na recepción do colexio (artigo 13 da orde e disposición adicional sexta polo deber de confidencialidade polo que estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar). 

O xoves 4 de xullo publicaranse as listaxes definitivas; de maneira que, a partir dese día, xa poderedes recoller os vales dos libros e do material na secretaría do centro.

Referencias Legais:

Ligazóns:

LIBROS DE TEXTO para o curso 2024-2025

A continuación aparecen as listaxes cos libros de texto para o curso 2024-2025.

 

Educación Infantil:

Educación Primaria:

 

 

 

 

 

 

 

 

Nota: A listaxe de material para os diferentes cursos será publicada nos primeiros días do mes de setembro.

Solicitude do servizo de COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024/2025

As familias do alumnado interesado en utilizar o servizo de comedor escolar durante o curso 2024/2025 deberán presentar na secretaría do centro, o anexo ii de autodeclaración da renda do ano 2023 (ligazón ao Anexo II - Modelo de autodeclaración e especificacións). 

Neste documento deberanse indicar os importes resultantes do cálculo ao lado da X, o número de membros da unidade familiar ao lado da Y e a renda neta per cápita familiar ao lado de X/Y. Podedes utilizar a calculadora de simulación para axudarvos a facer o cálculo dos prezos de comedores en función da renda neta. Pulsa nesta ligazón para ir á páxina coa calculadora de simulación.

Ademais, deberanse cubrir tódolos datos dos membros da unidade familiar, marcar a casiña do tramo de ingresos no que se atope a familia e asinar a solicitude, tanto o declarante como o seu cónxuxe. 

Outras ligazóns:

Ligazóns con explicacións de como facer o pago telemático::

CALENDARIO ESCOLAR para o curso 2024/2025

 

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25  nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón a orde.

  • As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e de educación primaria comenzaran desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.
  • Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:
    • Día do ensino: 31 de outubro.
    • Nadal: desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.
    • Entroido: os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
    • Semana Santa: desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.
  • Días non lectivos: Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
    • 1 de novembro: Día de Todos os Santos.
    • 6 de decembro: Día da Constitución Española.
    • 8 de decembro: Inmaculada Concepción.
    • 1 de maio: Día do Traballador.
  • Día non lectivo propostos polos centros educativos de Rábade.
    • Aínda por determinar.

Ligazóns:

FORMALIZACIÓN da matrícula para o curso 2024/2025

Solicitude de MATRÍCULA: O alumnado formalizará a súa matrícula no centro educativo, nos seguintes prazos: do 20 ao 30 de xuño (finalizado)O alumnado que xa está está matriculado non precisa dun novo procedemento de matrícula.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • O formulario ANEXO III - 1 de formalización de matrícula, enchido e asinado polos dous proxenitores ou titores legais. Deberá ser asinado polas persoas que ostenten no día da data a patria potestade do alumno/a.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
  • Fotocopia das follas do Libro de Familia onde figuren os titulares do mesmo e o fillo/a, xunto co orixinal para o seu cotexo.
  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria.
  • Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o/a menor conta coas condicións de saúde axeitadas para ser escolarizado nun centro ordinario (vacinacións e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa). 
  • Dúas fotografías do alumno/a.
  • Certificado de empadronamiento (Padrón Municipal).

Anexos:

Exención Lingua Galega (soamente para alumnos de 5º e 6º de E.P):

Programa Alerta Escolar:

Referencias Legais:

VEXO VEXO Xacobeo

Este ano participamos no programa educativo Vexo Vexo Xacobeo coa idea de achegar ao noso alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural. Compartimos un vídeo cunha das actividades deste programa realizada no colexio.

PARTICIPACIÓN no FONDO SOLIDARIO de libros de texto e AXUDAS para libros e material escolar

 

Do 21 de maio ao 21 de xuño (finalizado), as familias poderán realizar as súas peticións para o próximo curso nas axudas de libros, fondo solidario e bono de material. As dúas modalidades para presentar a solicitude de participación son electrónica ou manual:

  • Electrónica. É necesario CHAVE365 ou outro certificado dixitalCréase unha nova solicitude na aplicación FondoLibros (una por fillo ou filla) e, a continuación, preséntase na sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal
  • Manual. Enchendo os Anexos I e II da convocatoria e entregándoos na secretaría do colexio.

Máis información:

Normativa:

  • ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Nota importante: A convocatoria integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino; é dicir, fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. As axudas para adquirir libros de texto son para 1º e 2º de primaria e axudas para adquirir material escolar para o alumnado matriculado na educación primaria.

Distribuir contido



by Dr. Radut