Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Festival fin de curso

 Infantil

   

Primeiro

 

Cuarto

 

Segundo

 

Quinto

 

Terceiro

 

Bailes de salón

 

 

 

Graduación infantil

 

Sexto

 

 

Despedida de sexto

 

 

 

 

Jungle meeting: the lion and the frog

This is a short story about a lion king and a tiny talkative frog. Muppets were manipulated by boys and girls in class P3. Voices are from these same boys and girls and also from 3 kids from class P6.

It was recorded in May 2015.

 

 

 

Mini-concertos na escola 2015

Ao longo da semana, do 18 ao 22 de maio, o alumnado da nosa escola fixo mini-concertos para todos nós na hora de lectura. Neles amosaron as súas dotes para a música, a danza e a creatividade. 

Este é un resumo do que fixeron

 

Na escola recadamos fondos para a ONG MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Contámosvos que na campaña levada a cabo no pasado mes de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º conseguiu recadar   73,88€,   unha vez descontada a cantidade investida na compra de material. 

   En 4º fabricaron broches e marcapáxinas con deseños variados; en 5º fixeron marcapáxinas con iniciais; e en 6º decoraron botes para gardar pequenos tesouros nas casas. Foron eles-as mesmos quen decidiron que ían fabricar, os materiais que precisaban, canto ían fabricar tendo en conta a inversión que se lles permitía facer para comprar materiais, como ían decorar e eles mesmos-as se moveron pola contorna informando sobre o proxecto aos veciños-as e vendendo os productos.

   Finalmente decidimos que a cantidade reunida iría para os traballos, que está a levar a cabo a   ONG Médicos sen Fronteiras, de axuda ao Nepal despois dos terremotos. 

 

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORARON E DONARON PARA ESTA CAMPAÑA.

  

Neste documento PDF tedes a carta de agradecemento que MSF nos enviou.

 

 

     

     

Progr23: Pazos de Reis - Tui (28/05) – DESPEDIDA TEMPADA 2014-2015

        Este é un programa cheo de agradecementos no que Rocío, David e Alba M. de 6º despiden, dende a Radio Municipal de Tui, esta tempada 2014-2015 da experiencia de recomendación de libros a través das ondas, e coordinan as despedidas das escolas que colaboraron ao longo do curso: Vicente Risco de Vigo, As Covas de Meaño, Chancelas de Poio, Sobrada de Tomiño e CEIP Nº2 de Tui.

 Esperamos contar con todas de novo para o vindeiro curso.

 Bo verán e boas aventuras cos libros!


15:06 minutes (13.83 MB)

Progr22: Sobrada - Tomiño (21/05) – A ILLA DE TODAS AS ILLAS

TÍTULO:  A illa de todas as illas

AUTOR: Xabier P. Docampo

ILUSTRADOR: Xosé Cobas

EDITORIAL: Xerais

 

Un libro breve de aventuras intensas, con barco, illa deserta, nenos perdidos, planos e plans,…


8:18 minutes (7.6 MB)

Progr21: Pazos de Reis - Tui (14/05) – COLECTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2015: OS CÓMICS

RESUMO: No CEIP de Pazos de Reis fixemos un programa monográfico sobre o cómic. Recomendamos varios libros, segundo as idades dos nenos que nolos aconsellaron.  Os nenos e nenas de infantil e primeiro leron cómics dos Bolechas, de Pepe Carreiro, que lles gustaron moito.  Os de cuarto recomendáronnos  “ Max é moi torpe”, da escritora francesa Dominique de Saint Mars, na que conta a historia de Max , ao que todos vían como un neno torpe, pero ao que o seu primo lle fai ver  que con traballo todos podemos mellorar moito. Os de sexto leron  “ Os Barbanzóns na noite de Samaín” de Pepe Carreiro.


12:03 minutes (11.04 MB)

Progr20: As Covas - Meaño (07/05) – O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES

TÍTULO: O estanque dos parrulos pobres

AUTORA:  Fina Casalderrey

EDITORIAL: Rodeira- Tucán

RESUMO: 

Dende o CEIP As Covas de Meaño recomendáronnos este fermoso libro de Fina Casalderrey que segundo din eles,  ten un final un pouco triste. Conta a historia dunha nena, Noema , que ten unha nai que traballa moito, por iso está pouco con ela. O seu pai tamén ven pouco pola casa e ela vive co seu avó, do que aprenderá moitas cousas porque é un  home moi sabio, pero bastante maior e un pouco enfermo.


6:37 minutes (6.06 MB)

Progr19: Vicente Risco - Vigo (30/04) – MATILDA

 

TÍTULO:  Matilda

AUTOR: Roald  Dahl

ILUSTRADOR: Quentin Blake

EDITORIAL: Alfaguara Xuvenil

RESUMO:

 Os nenos do CEIP Vicente Risco de Vigo, presentáronnos este libro publicado xa no ano 1988 e que foi traducido a moitísimos idiomas, entre eles ao galego. Contáronnos cousas da biografía do autor.

 Este libro conta a historia de Matilda, gran lectora e moi intelixente, moi admirada por todos, menos polos seus pais. Ten poderes estraños e marabillosos que emprega contra a maléfica señorita  Trunchbull, a directora do seu cole. Contáronnos moitas historias deste libro que parece moi, moi interesante. Tamén se fixeron unha película e un musical baseados nesta historia.


12:41 minutes (11.61 MB)

Van Gogh and Britten, learning at P6

Os nenos e nenas de 6º estiveron traballando cun cadro de Van Gogh, The Cafe Terrace, e música de Benjamin Britten, The Storm Interlude, dentro do proxecto común que vimos desenvolvendo coa St Joseph's School de Epsom, Reino Unido. 

 As actividades que fixeron resúmense neste vídeo.

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut