Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr18: CEIP Nº2 - Tui (23/04) – THORA Y SUS DOS MUNDOS

TÍTULO: Thora y sus dos mundos

AUTORA: Gillian Johnson

EDITORIAL: Alfaguara

COLECCIÓN: Infantil Serie Laranxa

 O alumnado de 5º adica o seu programa, emitido no Día do Libro 2015,  a Thora, alguén que se move entre dous mundos. Pero, quen é Thora?

 

 Primeiro escoitade o programa de radio,  logo lede o libro e así resolveredes todas a dúbidas. 


4:40 minutes (10.7 MB)

Progr17: As Covas- Meaño (16/04) – LIBROS DE PAULA CARBALLEIRA

TÍTULO:  Chímpate, Pepa!

AUTORA:  Paula Carballeira

ILUSTRACIÓNS: Xoana Almar e Miguel Peralta

EDITORIAL: Triqueta Verde

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º do colexio As Covas son os locutores e locutoras deste programa. Recoméndannos ler libros da actriz, contacontos e escritora Paula Carballeira. Din eles que leamos os que queiramos, porque todos son divertidos e hai onde escoller: narrativa, poesía e teatro. 

Neste programa fálannos un pouco  do libro “Chímpate, Pepa!” 

E inclúen unha divertida  entrevista, que lle fixeron a Paula cando os visitou na escola, e unha canción con letra dun poema do libro “Contatrás” e música de Paulo Nogueira.

 


10:02 minutes (9.19 MB)

ESPECTÁCULO COLORISTA DE 4º

Os nenos e nenas de 4º son moi emprendedores. Nas pasadas semanas idearon, e puxeron en práctica, un espectáculo para o resto dos compañeiros da escola.  Podedes ver unha mostra desta iniciativa no seguinte enlace ao seu blogue: 

http://cuartopazosdereis.blogspot.com.es/

 

Progr16: Vicente Risco - Vigo (26/03) – EN TU PIEL


TÍTULO: Na túa pel

AUTOR: Emmanuel  Bourdier

ILUSTRACIÓNS: Emre Orhun

EDITORIAL:  Takatuka

 

RESUMO:  Os nen@s de 4º do CEIP Vicente Risco de Vigo, recoméndannos un libro que eles leron no seu curso. Os protagonistas desta historia son Ricardo e Malala, que son compañeiros de clase . Pero Ricardo odia a Malala porque é negra. O que el non sabe é que todos somos iguais; el pensa que só el é o mellor. Terá que pasarlle algo moi especial e extraño para que se dea de conta do equivocado que está (unha mañá despertará convertido nun neno negro)  e, como son as cousas!, rematarán sendo Malala e os seus irmáns os que lle axudarán. Ao final serán grandes amigos.


5:07 minutes (4.68 MB)

Progr15: CEIP Nº2 - Tui (19/03) – EL DÍA EN QUE EDU SE CONVIRTIÓ EN CUCARACHA

 TÍTULO: El día en que Edu se convirtió en cucaracha

AUTOR:  Jordi Sierra i Fabra

EDITORIAL: Alfaguara

ILUSTRADOR:  Gabriel Pacheco

RESUMO:

Edu é un neno de 12 anos que vive aventuras moi divertidas. Todo empeza un día en que se ergue e, ao irse  duchar, nota uns cambios estraños no seu corpo. É o comezo da súa metamorfose. Cada vez parécese máis a unha …

 

Outros personaxes do libro son: Lucía a súa irmá, Roque o seu compañeiro, a señorita Asun a  súa mestra, e moitos máis.


3:13 minutes (2.95 MB)

Progr14: Chancelas - Poio (12/03) – LA NOCHE DE LOS MONSTRUOS

AUTOR: Manuel Luis Alonso

TÍTULO: La noche de los monstruos

EDITORIAL: Alfaguara infantil

ILUSTRADOR: Julián Hormigos

RESUMO:

 

 Os nenos e nenas de 3º de primaria do cole de Chancelas, presentáronnos un libro moi chulo, que eles leron. Nas súas páxinas podemos atopar pantasmas, esqueletes, mortos vivintes … e ata unha princesa chinesa, pero é  que ademais atoparemos moitas mensaxes en clave que nós levarán á procura dun misterioso tesouro.


7:20 minutes (6.72 MB)

ENTROIDO 2015

 

 

 

Progr13: Sobrada - Tomiño (05/03) – AS MEIGAS DE LUPA

TÍTULO: As meigas de Lupa 

AUTORA: María Solar

EDITORIAL: Xerais

COLECCIÓN: Fóra de Xogo

RESUMO: A historia comeza cunha nena chamada María que chega a Santiago de Compostela en avión para pasar as vacacións na casa da avoa e…

 

 Entre os seus ingredientes: a avoa, as amigas da avoa, unha chave perdida, a raíña Lupa e moitas sorpresas. 


5:59 minutes (5.48 MB)

Progr12: Pazos de Reis- Tui (26/02) – O NICOLASIÑO

TÍTULO: O Nicolasiño

AUTORES: René Goscinny  e  Jean Jacques Sempé

EDITORIAL: Alfaguara- Obradoiro

COLECCIÓN: Serie Laranxa

É un libro de aventuras protagonizadas por un grupo de nenos nunha  escola francesa de mediados do século XX. O protagonista narra en 1º persoa todo o que lle pasou. O libro ten 19 capítulos que contan as aventuras de Nicolasiño e os seus amigos. É todo un clásico que seguro o leron xa os nosos pais tamén.

 

  Goscinny e Sempé publicaron 5 libros protagonizados polo Nicolasiño. 


8:14 minutes (7.55 MB)

Progr11: CEIP Nº2 - Tui (12/02) – ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

TÍTULO: Escarlatina, a cociñeira defunta

AUTORA: Ledicia Costas

ILUSTRADOR: Víctor Rivas

EDITORIAL: Xerais

COLECCIÓN: Merlín

 

Os nenos e nenas de 6º do CEIP Nº2 de Tui recoméndannos “ler este libro tan chulo” que “ten receitas que mesmo poden resucitar a un defunto”.


4:33 minutes (4.17 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut