Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Progr5: Chancelas - Poio (04/12) – SOBRE O MEDO

TÍTULO: Unha viaxe de medo

VARIOS AUTORES/AS: Os nenos e nenas do CEIP de Chancelas

TEMA COMÚN: O medo

Os compañeiros do cole de Chancelas, en Poio, fixeron desta vez un programa moi especial no que nos  recomendan un libro de medo que ten moitos  autores e autoras: TÓDOLOS ALUMNOS-AS DO SEU COLE.  Escolleron un tema, leron algúns  libros de medo ( “ A figueira de pelos tortos” de Ana G. Castellano , “Pesadilla de una noche de verano” de Carlos Puerto) e despois  decidíronse e escribiron  un precioso libro colectivo DE MEEEEDOOOOOO…

Neste programa cóntannos o seu libro e convídannos a ler libros de medo.


8:03 minutes (7.38 MB)

DESCUBRIMOS TUI

O venres 5 de decembro o alumnado e profesorado de Primaria do CEIP de Pazos de Reis desenvolverá unha actividade polo casco urbano de Tui á que chamamos DESCUBRIMOS TUI. 

  8 grupos diferentes, supervisados cada un deles por unha mestra ou mestre e guiados por nenos e nenas de 5º e 6º realizarán rutas seguindo un plano. A andaina acompañarase de explicacións sobre edificios, monumentos, nomes de rúas e un algo de historia, por parte dos nenos e nenas de 5º e 6º que estiveron traballando, aprendendo e preparándose na aula para esta actividade. 

  Todas as rutas rematarán diante da catedral, onde se xuntarán todos os grupos antes de voltar á escola. 

 

Progr4: Vicente Risco - Vigo (27/11) – EL TESORO DE BARRACUDA

TÍTULO:  El tesoro de Barracuda

AUTORA: LLanos Campos Martínez

ILUSTRADORA: Júlia Sardà

EDITORIAL : SM

RESUMO:  Conta a historia  dun grupo de piratas que saen en busca dun tesouro escondido. O pirata Barracuda é o que ten máis ganas de atopalo e ten pensado  facer o que faga falta para conseguilo. O problema vén despois: o tesouro  non era nin ouro nin xoias, era…UN LIBRO!.

 

Pero ese era o peor tesouro para un pirata, xa que ningún sabe ler. Ao final , todos tiñan tanta curiosidade que decidiron aprender a ler. A pregunta é: conseguirán por fin ler o libro? Se o queredes saber tedes que ler este libro que  gañou o Premio  de Literatura Infantil EL BARCO DE VAPOR 2014. 


4:44 minutes (4.34 MB)

Visita do escritor Diego Alfonsín Rivero

O escritor Diego Alfonsín Rivero, antigo alumno do noso cole estivo  a nos facer unha visita.

Diego gañou o Premio Internacional de Contos “Max Aub” 2014.

Os alumnos de 5º e 6º fixémoslle unha interesante entrevista.

Falounos de cómo empezou a escribir relatos e como, pouco a pouco , quedou enganchado a escribir.

 Tamén nos falou das súas experiencias en Alemaña, onde traballou como profesor na universidade de Heidelberg.

 

 

Progr3: CEIP N2 - Tui (20/11) – ME LLAMO JOHN LENNON

TÍTULO:   Me llamo Jonh  Lennon

EDITORIAL: Parramón

AUTORA:  Carmen Gil

ILUSTRADORA: Luisa Vera

RESUMO:

   Este libro pertence a una colección de libros  que contan a biografía de moitos personaxes famosos. Este que nos presentaron os compañeiros de 6º do CEIP Nº 2 de Tui, está dedicado á vida e obra do cantante Jonh  Lennon.

 

   Naceu no ano 1940 en  Liverpool ( Inglaterra) e formou parte do grupo The Beatles,  que tan famoso foi en todo o mundo a partires dos anos 60. A muller que máis influíu  na súa vida foi  Yoko Ono. Morreu asasinado en  1980 en Nova York, cando contaba só 40 anos.


6:00 minutes (10.99 MB)

Progr2: As Covas, Meaño (13/11) – CONTATRÁS

TÍTULO:  Contatrás

AUTORA: Paula Carballeira

ILUSTRADOR: X. Carlos Hidalgo

EDITORIAL: Edicións Positivas

COMENTARIO: Os nenos e nenas de 5º curso do CEIP As Covas neste primeiro programa do curso preséntannos a Paula Carballeira, lennos algúns poemas dela e anímannos  a ler un libro de poesías que contan historias: "Animámosvos a que merquedes ou pidades na biblioteca do voso colexio "Contatrás" de Paula Carballeira" 

 


8:32 minutes (3.9 MB)

Progr1: Pazos de Reis- Tui (06/11) – CUENTOS PARA JUGAR

TÍTULO:  Cuentos para jugar

AUTOR: Gianni Rodari

EDITORIAL: Alfaguara Infantil

 

RESUMO: "Cuentos para jugar" é un libro que recolle 21 contos un pouco especiais  pois teñen 3 finais diferentes cada un. Moitos transcorren en cidades de Italia, xa que o autor naceu alí. É moi divertido ler contos cun final pero lelos con 3 é ainda mellor, ou tamén podemos xogar a inventar un nós mesmos.

Se queren pasalo ben, lean este divertido libro.


7:51 minutes (7.18 MB)

Video do magosto

Celebrámolo magosto

Excursión de fin de curso a Ribeira Sacra

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut