Esta historia é de medo e de… unha pantasma! Un neno quedou encerrado no colexio porque quedou durmido nas colchonetas do ximnasio. Apareceu unha pantasma e catro ladróns .
O neno intentou esconderse pero… En resumo, un libro cheo de intriga e de interese.Os nenos e nenas de Chancelas din que é moi chulo. Que opinades vós?
Neste programa tocaba pregunta de concurso, a pregunta 5. Escoitádeo para saber cal é, logo lede o libro e deixade a vosa resposta neste enlace ao blog de 5º.
O lagarto Lorenzo vivía nunha fenda do muro do xardín de Mateo. Tiña prohibido saír de noite pero el quería ver a toda costa as estrelas. Os pais de Mateo eran músicos pero estaban dispostos a axudarlle a conseguir o seu soño de ser astrofísico algún día. Mateo e Lorenzo compartían, sen sabelo, unha mesma paixón e, paseniñamente, o lagarto fíxose cun sitio na súa nova familia.
COMENTARIO: Dende Meaño recoméndannos este libro que trata un tema moi actual: a inmigración a Galicia, neste caso vista a través de Khoedi, unha nena que vén de Senegal.
AUTORES: Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa
ILUSTRADOR: Xosé Cobas
EDITORIAL: Xerais
COMENTARIO:
É un libro de lendas e versos, escrito en prosa e verso. É un libro moi bonito. Nos capítulos aparecen monstruos, meigas, trasnos, fadas,… todos seres fantásticos . No programa, falaron da lenda da lontra. É un libro moi novidoso , xa que acaba de saír á venda. As ilustracións son moi bonitas, con cores claras; parecen soños.
RESUMO: Un libro para coñecer os animais dende outra parte da súa vida: os partos e o nacemento; aquí enterámonos dalgúns partos curiosos no mundo animal. O canguro vermello, a anguía, os pingüíns, os golfiños, o cabaliño de mar,... e máis datos curiosos sobre a forma de nacer dos animais que atopamos sobre a face da terra.