Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Na escola recadamos fondos para a ONG MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

Contámosvos que na campaña levada a cabo no pasado mes de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º conseguiu recadar   73,88€,   unha vez descontada a cantidade investida na compra de material. 

   En 4º fabricaron broches e marcapáxinas con deseños variados; en 5º fixeron marcapáxinas con iniciais; e en 6º decoraron botes para gardar pequenos tesouros nas casas. Foron eles-as mesmos quen decidiron que ían fabricar, os materiais que precisaban, canto ían fabricar tendo en conta a inversión que se lles permitía facer para comprar materiais, como ían decorar e eles mesmos-as se moveron pola contorna informando sobre o proxecto aos veciños-as e vendendo os productos.

   Finalmente decidimos que a cantidade reunida iría para os traballos, que está a levar a cabo a   ONG Médicos sen Fronteiras, de axuda ao Nepal despois dos terremotos. 

 

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORARON E DONARON PARA ESTA CAMPAÑA.

  

Neste documento PDF tedes a carta de agradecemento que MSF nos enviou.

 

 

     

     



page | by Dr. Radut