NIVEL MÁXIMO DE RESTRICCIÓNS

Dada a alta incidencia de casos da Covid 19 no noso Concello ( a día de hoxe a Consellería de Sanidade ven de notificar 60 casos positivos) pedímosvos que cando veñades traer ou recoller os nen@s gardedes as distancias. A ser posible que veña un só pai/nai e o máis cerca da hora de entrada ou de saída. Os nenos non saen antes da hora.

Tamén vós pedimos que na medida do posible vos autoconfinedes e saiades o imprescindible. 

Enquisa de Autoavaliación Covid 19

Aquí tedes o enlace para ter en conta todas as mañás antes de enviar aos nenos ao colexio.    Enquisa Autoavaliación Covid 19

 

RESULTADOS CRIBADO

Despois de ter 5 positivos pola Covid 19 no noso centro escolar, desde a Consellería de Sanidade decidiron facer un cribado aos mestres, ao persoal non docente e aos nen@s.

Onte recibimos notificacións os mestres e o persoal non docente, así como todos nenos e nenas do colexio. Temos que decir que os resultados son todos negativos en Covid 19. 

CRIBADO

Dado que no centro escolar hai 5 positivos pola Covid 19, dende a Consellería de Sanidade van realizar un cribado a todos nenos e nenas dende infantil ata primaria, ademáis dos mestres e o persoal non docente. 

Xa están chegando sms coas citacións. 

 

A dirección

COVID 19

Ante la aparición de varios casos de Covid 19 no centro escolar, insistimos que teñades moitas precaución cos contactos que tedes. Entendemos que é moi difícil, e máis nestas datas que se achegan, non acudir onde os familiares. 

Neve no Ceip Mestre Pastor Barral

Non é moi común neve + escola xuntas. Este venres, debido o fenómeno metereolóxico Dora, os nenos e nenas do colexio puideron disfrutar uns minutos da neve no centro escolar. As ventás fixéronse pequenas para ver nevar ao longo da mañá. Os máis valentes ata fixeron algunha batalla coas bolas de neve. 

Neve

DÍA NON LECTIVO

O vindeiro 7 de decembro, tal e como ven publicado no calendario escolar para o curso 2020-2021 celebrarase o Día do Ensino. Deste xeito non volvemos ás aulas ata o mércores 9 de decembro. 

Actualización Plan Adaptación ao contexto Covid 19

Actualización do Plan de Adaptación ao Contexto Covid 19

Actualización Plan de Continxencia

Segundo a Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021, establece que dito Plan de Contixencia xa feito en setembro debe ser actualizado no caso de peche dunha aula ou peche do centro escolar.

Powered by Drupal - Design by artinet