Axudas ás familias para a compra de máscaras
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar no DOG do 13 de Novembro a Orde do 6 de Novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Todos alumnos que recibiron axudas para a comprar de material xa non teñen que solicitar nada. O resto das familias que queiran solicitar dita axuda terán que cumprir uns requisitos:
- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
O prazo de presentación das solicitudes é de 10 días hábiles a partir do día da súa publicación.
As solicitudes deberán presentarse no colexio.
Lémbrade que é necesario pedir cita. Todas as xestións administrativas serán de 10:00 a 11:00 horas.