PUBLICACIÓN DE NOTAS
A partir das 14:00 horas de hoxe serán publicadas as notas do 2º trimestre na aplicación Abalar. Se tedes algún problema con dita App, notificadeo ao centro.
ceip.pastor.barral@edu.xunta.es
A dirección
#XuntosSairemos
CONCURSO
Dende a Academia Galega de Seguridade Pública vense de convocar un concurso de debuxos para os escolares galegos que queiran amosar o agradecemento ás forzas e corpos de seguridade , á Policia Local, Garda Civil, Protección Civil, Policía Nacional ou Autonónomica. O único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros.
O prazo é dende mañá 3 ata o 17 de Abril. Podedes enviar unha foto do debuxo por correo electrónico ao seguinte enderezo: formacion.agasp@xunta.gal , indicando o nome completo, o nivel educativo así como o colexio.
Google Classroom para Sección Bilingüe de Naturais e Sociais de 2º de E.P
Esta información é para o alumnado de 2º de Primaria que curse Seccións Bilingües nas asignaturas de Naturais e Sociais. Creouse unha aula na que deberán acceder a través dun correo electrónico de google. As instruccións de cómo facer pódense ver pinchando no enlace. A clave de acceso foilles remitida a través do ABALAR.
Facemos música e plástica... na casa!!
Bo día raparigos e raparigas!!!
Hoxe era o día que volvía ao colexio para facer moitísimas actividades con todos vós, ben sexa na clase de música ou na de plástica, pero como temos que estar confinados... que vos parece se agora as facedes coa familia?
Só tedes que estar atentos e atentas ás miñas suxestións en música ou plástica e... mans á obra!!
RECOMENDACIÓNS PARA O TRABALLO ESCOLAR NA CASA
Tanto dende TVE como dende a CRTVG ofrecen bloques educativos nas sesións matinais como complemento educativo nestes días que debemos quedar na casa.
Déixovos aquí os enlaces:
EXERCICIOS MATEMÁTICAS 4º ED. PRIMARIA
Achegamos unha serie de exercicios de matemáticas para que vaiades facendo
RESERVA E ADMISIÓN DE PRAZAS
Todos os prazos administrativos están paralizados mentras perdure o Estado de Alarma. Mentras estea en vigor o R.D. 463/2020 e as súas posibles prorrogas.
Volverán a seguir os prazos a partir do primeiro día que os nenos e nenas se incorporen ás aulas.
ACTIVIDADES OPTATIVAS
O documento que se adxunta, trátase dunha serie de enlaces para acceder a cancións, xogos, apps, canle de radio en galego... para eses momentos non que os nenos e nenas xa realizaron as tarefas indicadas polos seus titores e titoras e aínda seguen con forzas para seguir traballando. Espero que lles resulten interesantes!
ENLACES ÚTILES PARA O TRABALLO ESCOLAR NA CASA
Propoñémosvos estes enlaces que poden resultar interesantes:
https://www.grupo-sm.com/es/post/aprender-en-casa-con-apps-educativas-gratuitas
https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »