ADAPTACIÓN ÁS PROGRAMACIÓNS DO 3º TRIMESTRE
Debido á situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 e seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20
Este centro escolar ten publicadas as Adaptacións das Programacións nesta páxina web, no apartado que podedes ver á esquerda: Secretaría
ADMISIÓN DO ALUMNADO
OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLA PARA ACCEDER AO INTERIOR
DO CENTRO ESCOLAR
PLATAFORMA GRATUITA DE LECTURA DE LIBROS DIXITAIS
Para poder entrar na plataforma hai que usar o seguirte usuario e contrasinal:
Usuario: myon
AVISO IMPORTANTE
ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE
A partir de agora todos os venres teredes conta das actividades a realizar o resto da semana pola canle escollida polo voso titor, sexa correo electrónico, páxina web ou whatsApp.
Lembrarvos que as actividades das especialidades (inglés, música, plástica,...) están colgadas na páxina web.
Coidádevos moito.
SAÍDAS CONTROLADAS PARA NENOS E NENAS A PARTIR DO DOMINGO 26 DE ABRIL
De seguido, móstranse as instruccións para as saídas controladas de nenos e nenas a partir do 26 de abril. Asímesmo, adxúntase un documento que recolle as normas que se deben seguir adaptadas a pictogramas, de xeito que resulten máis clarificadoras para os nenos e nenas.
CONTOS
Os libros son un dos mellores transportes para viaxar e deixar voar a nosa imaxinación, deixamos unha serie de libros para que vos adentredes nas súas historias e poidades voar moi moi lonxe.
MENSAXE DO CLAUSTRO
Ánimo ....xa queda menos
ORIENTACIÓNS DURANTE O CONFINAMENTO
Dende o Departamento de Orientación, deixamos unha serie de recomendacións que consideramos importantes para ter en conta neste tempo de confinamento. Por outra banda, tamén deixamos un caderno (Cápsula del tiempo) cunha serie de actividades para gardalo e dentro duns anos poder recordar o lado positivo deste momento. E xa por último, un enlace para confeccionar un libro infantil personalizado.
AGRADECEMENTO
O Claustro de profesores do Ceip Mestre Pastor Barral de Melide quere agradecer a todas as familias as mostras de cariño que nos facedes chegar vía correo electrónico, whatsApp ou outros medios.
Así mesmo dámosvos as gracias a todos e todas as que o venres pasado vos achegastes ata o centro a recoller os libros, pola maneira tan ordeada de facelo tal como vos pedimos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »