SAMAÍN & HALLOWEEN 2019
CELEBRAMOS O HALLOWEEN E O SAMAÍN, DECORAMOS O NOSO COLEXIO E XOGAMOS COS PEÓNS. POR SUPOSTO TAMÉN CELEBRAMOS O MAGOSTO, DEGUSTANDO AS RICAS CASTAÑAS ASADAS!!!
AQUÍ DEIXAMOS UN VIDEO PARA QUE VEXADES AS COUSAS QUE FIXEMOS PARA CONMEMORAR ESTA DATA
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
O pasado martes o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria participaron nos obradoiros "O sabor da Aventura está no mar"
CORREMELIDE
O pasado venres, 31 de maio, celebrouse o Corremelide. Deixámosvos un video coa chegada a meta dos participantes e unha foto dos gañadores nas diferentes categorías. Noraboa!
VIAXE A SEGOVIA
Os días 27,28 e 29 de maio o alumnado de sexto de primaria realizou a viaxe de fin de Primaria a Segovia. Pasárono moi ben, deixámosvos unhas fotos coas actividades realizadas.
OS MAIOS
O pasado 14 de maio celebramos no colexio a Festa dos Maios, unha festa popular de orixes ancestrais que xa festexaban os celtas.
A festividade celta marcaba o inicio do verán. Hoxe en día, con esta celebración damos a benvida á primavera e adóitase facer a comezos do mes de maio. Consiste en realizar diferentes bailes, cancións e representacións ao redor dunha árbore ou escultura chamada maio.
FROITA CON BEE-BOT
Na aula de AL , os nenos fixeron un xogo de adiviñas sobre as froitas para empregrar o robot. Eles fixeron as adiviñas e pintaron as respostas nunha lámina. Agora solo teñen que ler a adiviña e conducir o Bee-Bot a resposta correcta. Como nos gustou!
VISITA POR MELIDE
O pasado luns, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitaron o casco antigo de Melide. Visitaron algúns dos establecementos, como a librería, a panadería e a pastelería de doces tradicionais da vila. Para rematar a visita subiron ata O Castelo, no que aproveitaron para merendar, xogar un anaco, e sacar unhas fotiños. Que ben o pasamos!
FROITA NA ESCOLA
A partir do vindeiro Luns e durante 15 días teremos froita no cole!
VISITA ASANOG
Este luns os nenos e nenas de Educación Primaria tiveron a visita da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »