Día Mundial do Síndrome de Down
O pasado 21 de marzo, os nosos pequenos e os mestres trouxeron os calcetíns desparexados ( este símbolo mundial busca aumentar a conciencia deste día e garantizar que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades). Os calcetíns desparexados son unha acción simbólica que queren mostrar que aceptamos a diferencia, que estamos preparados para que todas as diferencias sean máis visibles nesta sociedade. Con este xesto, axudamos a por en relevo o feito de que as persoas con Síndrome de Down tamén teñen cabida entre nós.
DÍAS NON LECTIVOS
Ao amparo de disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de maio de 2022(DOG Núm. 105 o 20 de xuño) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23, e visto o escrito presentado polo centro en demanda da autorización de días non lectivos en base a razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica, e visto o informe da Inspección Educativa.
Xefatura territorial de A Coruña, resolve conceder os días 15 e 16 de maio como días non lectivos no Ceip Mestre Pastor Barral del Melide.
PLAN DIXITAL
Segundo a Resolución do 3 de Septiembre de 2021 todos os centros públicos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia deben ter un Plan Dixital de centro.
Christmas story
Para todos os públicos, a nosa Auxiliar de conversa, Becky Pulido, conta a nosa propia versión da historia de Nadal
AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR REGULADA NA ORDE DO 29 DE ABRIL DE 2022
Dacordo coa resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, efectúase unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ adicionais
Nota as familias
Familias do Ceip Mestre Pastor Barral
Este curso volvemos á normalidade, sempre que as autoridades sanitarias así o permitan, polo que aquí tedes un ficheiro adxunto cunhas pequenas normas e recomendacións que se adoptarán de agora en diante.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »