Día Mundial do Síndrome de Down

O pasado 21 de marzo, os nosos pequenos e os mestres trouxeron os calcetíns desparexados ( este símbolo mundial busca aumentar a conciencia deste día e garantizar que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades). Os calcetíns desparexados son unha acción simbólica que queren mostrar que aceptamos a diferencia, que estamos preparados para que todas as diferencias sean máis visibles nesta sociedade. Con este xesto, axudamos a por en relevo o feito de que as persoas con Síndrome de Down tamén teñen cabida entre nós. 

No Ceip Mestre Pastor Barral elaboramos un vídeo que mostra o traballo realizado.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet