Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

MACETAS DE FLORES

Para dar a benvida á primavera, un grupo de nenos e nenas de primaria, fixemos unhas macetas de flores reutilizando  botellas de plástico. Esperamos que vos guste o noso vídeo FTM (Faino Ti Mesmo) do inglés DIY ( Do It Yourself). A música que soa é " As Catro Estacións. Primavera" de Vivaldi.

FTM from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

NOVOS HORARIOS E MEMBROS DO CLUB DE LECTURA

O luns día 20 reiniciamos a andadura dos clubs de lectura co conto aborixe australiano e as diferentes actividades sobre el. Esperámosvos!

GRUPOS

MEMBROS

LECTORES/AS

DÍA

Grupo 1

1ºA: Noemí, Leire, Pedro.

1ºB: Sheila.

: Marta e Gabriel.

3ºA: Alicia.

 

6º e 5º: Saray e Iria  

Luns.

Grupo 2

1ºA: Marta, Sara, Iván e Hugo.

1ºB: Lorena

2º: Cristian e Marinha.

3ºB: Adrián.

6º :Gustavo e Sofia

Martes.

Grupo 3

1ºA: Sabela, Brais e Marco.

1ºB: Uxia

2º: Óscar e Xiana.

3ºB: Andrea.

5º: María e Rosa

Mércores.

Grupo 4

1ºA: Alejandro ,  Iria, Antía e Manel.

2º: Iván e Zaira.

3ªB: Ximena.

6º e 5º: Nuria e José Ángel.

Xoves.

HAPPY EASTER, BUENA PASCUA, BOA PASCUA!

Felices vacacións!

Mural da Pascua feito polos alumnos e alumnas da aula de ARTS con ovos de Pascua de papel maché.

OS NENOS E NENAS DE 3º ENSÍNANNOS A EXPOSICIÓN

Os nenos e nenas de 3º ensínannos aos de 1º e 2º a súa investigación sobre as prantas.

Os nenos de 3º ensinan a sñua exposición sobre as prantas. HAi flores, semillas...

Visita dos nenos do 1º ciclo ao curso de 3º para unha explicación sobre prantas e elementos da natureza

Nenos e nenas ensinan as semillas que atoparon nas froitas no laboratorio

Nenos e nenas de primeiro mirando unha mesa con información sobre as prantas

CHARLA SOBRE O LATÍN EN 6º

Dna. Ángela Suárez del Río, doctora en Latín, deu unha charla para ao alumnado de 6º onde explicou a importancia da cultura e mitoloxía grecolatina e a súa influencia na nosa propia cultura.

Ángela Suárez explica nestas fotos a importancia da cultura grecolatina

Nenos e nenas de 6º curso escoitando a Ángela Suárez, doctora en Latín.

VISITA CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES

Aquí vos deixamos unhas imaxes da visita ao centro ocupacional de Valadares. No mes de maio o alumnado de Primaria irá a ver unha obra de teatro na Casa da Cultura de Outes representada por eles.

Collage de nenos e nenas ralizando cestería no centro ocupacional de Valadares

Taller de cestería

Taller de olaría no centro ocupacional de ValadaresMáis fotos de nenos e nenas realizando actividades de cestería e olaría

Foto de grupo da visita a Valadares e mostras da olaría feita en barro ralizada por eles

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS PRANTAS

Os grupos de 3º estiveron facendo un traballo de investigación sobre as prantas que culminou cunha exposición. Aquí tedes unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizaron: vistas pola contorna observando a flora autóctona, experimentos científicos, traballos de grupo, plantación de hortensias...

Escolares observan a flora da contorna do municipio de Outes

Collage de fotos con escolares e plantas autóctonas

Escolares visitando a contorna de Outes

Escolares traballando en grupo

Escolares traballando en grupo e collage de fotos con follas e froitos autóctonos

Escolares realizando un experimento con augas de cores e craraveis blancos. Ao final o caravel ponse da cor da auga.

DÍA DA MULLER

Na conmemoración do Día da Muller, os grupos de 1º, 2º e 3º, acudimos á Casa da Cultura do Concello a escoitar uns contos que falaban de coeducación. Aquí vos deixamos unhas fotos. A cantiga que sona é de Guadi Galego e titúlase Matriarcas. Se queredes saber algo máis desta artista galega e da súa música podedes picar na imaxe da carátula do seu disco "Lúas de Outubro e Agosto"

Portada do disco de Guadi Galego Lúas de Outubro e Agosto"

 

DÍA DA MULLER. from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

VISITA Á VOZ DE GALICIA

Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa viaxe á Coruña para ver as instalacións do xornal "LA VOZ DE GALICIA".

Nenos e nenas nas instalacións do xornal "La Voz de Galicia"

Imaxes dos cadros e rotativas de impresión das instalacións dos xornal "La Voz de Galicia"

Nenos visitando as instalacións de edición do xornal "La voz de Galicia". Rollos xigantes de papel.

Nenos mirando os rollos de papel xigantes para a impresión do xornal "La Voz de Galicia"

Collage dos nenos e nenas do cole merendando. No centro da imaxe os xornais xa impresos.

ECLIPSE

O venres día 20 de marzo, último día de inverno, entre as nove e as once da mañá (aproximadamente) terá lugar un eclipse de sol. Dende o equipo da biblioteca do cole querémosvos animar a que investiguedes e aprendades que condicións teñen que darse para que isto suceda e en que consiste. Aquí vos deixamos información para que o saibades e algúns fáciles e creativos consellos para poder observarlo sen ter riscos para a saúde. RECORDADE QUE MIRAR DIRECTAMENTE AO SOL DURANTE UN TEMPO PROLONGADO PODE CAUSAR DANOS NA RETINA E POLO TANTO NA VISTA! TEDE MOITA PRECAUCIÓN!

Se picades na imaxe accederedes á información que publica o portal CIENCIA GALEGA.

Imaxe que mostra un eclipse total de sol.

 

No seguinte enlace poderedes atopar consellos e trucos para ver o eclipse da páxina de El Correo.

Observando un eclipse a través da sombra dunha espumadera

 

Os medios de comunicación galegos tamén se fan eco da nova.

LA VOZ DE GALICIA.

FARO DE VIGO.

EL CORREO GALLEGO.

Feliz eclipse e feliz fin de inverno! Vémonos na primavera!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut