Skip to Content

ECLIPSE

O venres día 20 de marzo, último día de inverno, entre as nove e as once da mañá (aproximadamente) terá lugar un eclipse de sol. Dende o equipo da biblioteca do cole querémosvos animar a que investiguedes e aprendades que condicións teñen que darse para que isto suceda e en que consiste. Aquí vos deixamos información para que o saibades e algúns fáciles e creativos consellos para poder observarlo sen ter riscos para a saúde. RECORDADE QUE MIRAR DIRECTAMENTE AO SOL DURANTE UN TEMPO PROLONGADO PODE CAUSAR DANOS NA RETINA E POLO TANTO NA VISTA! TEDE MOITA PRECAUCIÓN!

Se picades na imaxe accederedes á información que publica o portal CIENCIA GALEGA.

Imaxe que mostra un eclipse total de sol.

 

No seguinte enlace poderedes atopar consellos e trucos para ver o eclipse da páxina de El Correo.

Observando un eclipse a través da sombra dunha espumadera

 

Os medios de comunicación galegos tamén se fan eco da nova.

LA VOZ DE GALICIA.

FARO DE VIGO.

EL CORREO GALLEGO.

Feliz eclipse e feliz fin de inverno! Vémonos na primavera!

 



page | by Dr. Radut