Os nenos e nenas de 3º e 4º realizamos un Pleno Infantil no Concello de Outes. Fixemos os nosos propios partidos políticos con diferentes propostas, presentación das candidaturas, votacións e escrutinio. Eleximos a nosa alcaldesa infantil e teniente alcalde e, coas ideas de todos, diríximonos ao concello a presentar un manifesto.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do alí ocurrido. Tamén o enlace á nova do xornal e o escrito resultante que se leu no edificio consistorial.
Estas foron as nosas peticións.
Para ver a nova no xornal "LA VOZ DE GALICIA" picade na imaxe.
Se queredes ver a GALERÍA DE IMAXES deste mesmo xornal podedes picar na seguinte foto.
Aquí vedes algúns dos momentos do proceso de creación do manifesto.
PLENO INFANTIL from CEIP Serra de Outes on Vimeo.
Este é o vídeo da cantiga orixinal por se queredes escoitala.