Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XANEIRO 2020

MENÚ COMEDOR ESCOLAR DECEMBRO 2019

MENÚ COMEDOR ESCOLAR NOVEMBRO 2019

MENÚ COMEDOR ESCOLAR OUTUBRO 2019

MENÚ COMEDOR ESCOLAR SETEMBRO 2019

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/20

Publicase no taboeiro do centro o listaxe DEFINITIVO  de alumnado admitido para o curso 2019/20

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019-20

Publicase no arquivo adxunto o listaxe PROVISIONAL de alumnado admitido para o curso 2019/20

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CIRCULAR INFORMATIVA

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

 

CIRCULAR INFORMATIVA

 

De acordo coa Convocatoria do día 5 do mes en curso, o próximo día 26 de novembroLUNS, en horario de 14:30 h a 18:00 h, celébrase na biblioteca deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

1º.- Quen pode votar

 

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electora e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

2º.- Modo de emitir o voto

 

a)     

O voto será directo, secreto e non delegable

 

b)     

Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación

 

c)      

Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo dun nome, debendo acreditar a súa personalidade no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar

 

d)     

Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarse a corresponde acta

 

 

 

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL

    De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

     A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

- O Director ou directora do Centro

- Un profesor ou profesora

- Un pai ou nai ou titor/a legal

- Un representante do persoal de administración e servizos

 

    Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 29 de outubro, luns, ás 12:00 horas.

 

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar, deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

 

 

 

RECOLLIDA LIBROS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

Infórmase ás familias do alumnado de 5º de Educación Primaria, que a partir do xoves 20 de Setembro poderán pasar a retirar o lote de libros asignados a cada alumno no Fondo Solidario.

Por motivos alleos ó centro, queda pendente o libro de matemáticas que será entregado tan pronto sexa facilitado pola Editorial.

A dirección do centro pide desculpas pola tardanza da entrega.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut