Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CIRCULAR INFORMATIVA

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

 

CIRCULAR INFORMATIVA

 

De acordo coa Convocatoria do día 5 do mes en curso, o próximo día 26 de novembroLUNS, en horario de 14:30 h a 18:00 h, celébrase na biblioteca deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

1º.- Quen pode votar

 

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electora e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

2º.- Modo de emitir o voto

 

a)     

O voto será directo, secreto e non delegable

 

b)     

Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación

 

c)      

Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo dun nome, debendo acreditar a súa personalidade no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar

 

d)     

Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarse a corresponde acta

 

 

 

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

AdxuntoTamaño
2018-11-23 Circular Informativa Xunta Electoral Eleccións Consello Escolar.pdf241.76 KB


event | by Dr. Radut