Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CIRCULAR INFORMATIVA

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

 

CIRCULAR INFORMATIVA

 

De acordo coa Convocatoria do día 5 do mes en curso, o próximo día 26 de novembroLUNS, en horario de 14:30 h a 18:00 h, celébrase na biblioteca deste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.- Quen pode votar

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electora e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

2º.- Modo de emitir o voto

    * O voto será directo, secreto e non delegable

   * Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación

    * Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas, por orde alfabético de apelidos, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo dun nome, debendo acreditar a súa personalidade no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar

    * Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarse a corresponde acta

 

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - RELACIÓN CANDIDATOS/AS NO SECTOR PAIS/NAIS

RELACIÓN CANDIDATURAS NO SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS

 

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e país do alumnado no CONSELLO ESCOLAR, a XUNTA ELECTORAL fai pública a relación dos candidatos/as que se presentan á referida elección:

 

1.- Dona Raquel Brea Esperante

 

2.- Dona Laura Cernadas Martínez

 

3.- Dona Yolanda del Carmen Muelas Patiño

 

4.- Dona Mª Inmaculada Pouso Gándara

 

5.- Dona Mª Rosa Rama Vilela

 

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de Outubro (DOG do 21 de Outubro), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous país/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar.

As votación no sector país/nais serán o luns 26 de novembro en horario de 14:30 h a 18:00 h.

 

Segundo o punto 3º da Convocatoria de elección de país para o Consello Escolar do 05 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 20 ao 24 de novembro, ambos días inclusive.

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR

 A resolución de 25 de Setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación (D.O.G. 8/10/2018) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios. 

Principais aspectos relativos á elección dos/das representantes de pais/nais de alumnos/as.

1.- CONSELLO ESCOLAR

É o órgano de participación no centro dos diferentes sectores da Comunidade Educativa. A súa composición é a seguinte:

* Director/a do centro

* Xefe/a de estudos

* Secretario/a (con voz pero sen voto)

* 5 profesores/as elixidos/as polo claustro

* 5 pais/nais de alumnos/as (1 proposto/a pola ANPA)

* 1 representante do Concello

* 1 representante da administración e servizos

Neste curso cómpre facer renovación acordo ca lexislación vixente, no sector de pais/nais de alumnos/as, corresponde renovar 2 dos seus membros.

2.- XUNTA ELECTORAL

Todo o proceso electoral estará organizado e supervisado pola XUNTA ELECTORAL formada por:

* Director/a do centro

* 1 profesor/a (elixido en sorteo público)

* 1 pais/nai de alumno/a (elixido en sorteo público)

* 1 membro da administración e servizos (elixido en sorteo público)

3.- ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS

a) Electores: Son o pai e a nai ous os titores legais (poden votar os dous) dos/as alumnos/as matriculados/as no centro e que figuren no censo de pais/nais que estará exposto no taboleiro de anuncios do colexio (convén revisar e comunicar se hai erros de omisión ou transcrición). Se Vde. non figurase no censo ou advertira algún erro, póñao en coñecemento antes do día 16 de novembro para que a secretaría proceda á súa rectificación, e o comunique á Xunta Electoral para a súa aprobación.

b) Elixibles: todos os electores son elixibles sempre e cando presenten a súa candidatura. Se Vde. quere ser candidato/a ten que solicitalo á Xunta Electoral, ben a través dunha solicitude dirixida á Xunta Electoral ou ben na conserxería co impreso oficial aprobado pola Xunta Electoral.

O prazo de presentación de candidaturas será do 6 ao 16 de Novembro (ambos dous inclusive) e débese entregar a solicitude na secretaría do centro en horario de 10:00 h a 13:30 h. A campaña electoral comprenderá dende o 20 ao 24 de Novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos/as candidatos/as, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

 

c) Elección: A votación para a elección dos pais/nais que corresponde renovar farase entre os/as candidatos/as admitidos/as e proclamados/as pola Xunta Electoral, o vindeiro día 26 de Novembro no propio centro diante dunha mesa electoral constituída por:

- Director/a do centro (actuará como presidente/a)

- Catro pais/nais do alumnado designados/as por sorteo público entre os/as que non sexan candidatos/as (sorteo que será celebrado o día 19 de Novembro ás 12:15 h no centro).

A Xunta Electoral acordou que o horario de votación será de 14:30 h a 18:00 h. Ao remate farase o escrutinio público dos resultados.

O voto será directo, segredo e non delegable. Cada elector/a acreditará a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera documento acreditativo, e fará constar na papeleta un solo nome.

d) Supervisores: Poderán actuar como supervisores/as da votación os/as pais/nais ou titores do alumnado matriculados no colexio, ben propostos pola ANPA do centro, ben avalados/as pola sinatura de dez pais/nais.

Aquelas persoas que resulten designadas no sorteo da Mesa Electoral comunicaráselles por escrito coa suficiente antelación (ao menos 4 días antes das eleccións).

Os membros integrantes da xunta electoral, das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas expediráselles un certificado de asistencia en aplicación ao establecido na lexislación vixente.

Para máis información sobre o proceso consultar a lexislación no portal educativo da Xunta de Galicia, sección Consello Escolar de Galicia. Tamén pode Vde. pasar polo centro onde lle facilitaremos a información que precise.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL

    De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

- O Director ou Directora do Centro

- Un profesor ou profesora 

- Un pai ou nai ou titor/a legal

- Un representante do persoal de administración e servizos

 

    Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a desginación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 29 de outubro, luns , ás 12:00 horas.

 

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

RECOLLIDA LIBROS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

Infórmase ás familias do alumnado de 5º de Educación Primaria, que a partir do Xoves 20 de Setembro poderán pasar a retirar o lote de libros asignados a cada alumno/a no Fondo Solidario.

Por motivos alleos ó centro, queda pendente o libro de matemáticas que será entregado tan pronto sexa facilitado pola Editorial.

A dirección do centro pide desculpas pola tardanza da entrega.

MODELO AUTODECLARACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS PARA COMEDOR ESCOLAR

Lembramos que o vindeiro xoves, 20 de setembro de 2018, remata o prazo para presentación do impreso de autodeclaración de prezos públicos para os usuarios do comedor escolar, de acordo cos tramos fixados no Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares (DOG do 13/08/2013).

 

Dito impreso poderá ser descargado no adxunto que acompaña esta información, ou recoller directamente na conserxería do centro.

DATAS PARA RECOLLIDA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN PRIMARIA

Nas datas do 16, 17 e 18 de Xullo poderán pasar a retirar os lotes asignados para o alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria en horario de 10:00 a 14:00 h.

 

Para o alumnado beneficiario de 5º de Educación Primaria establecerase un prazo de entrega posterior, xa que o centro está pendente da adquisición complementaria para completar os lotes do mencionado curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut