Skip to Content

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR

 A resolución de 25 de Setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación (D.O.G. 8/10/2018) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios. 

Principais aspectos relativos á elección dos/das representantes de pais/nais de alumnos/as.

1.- CONSELLO ESCOLAR

É o órgano de participación no centro dos diferentes sectores da Comunidade Educativa. A súa composición é a seguinte:

* Director/a do centro

* Xefe/a de estudos

* Secretario/a (con voz pero sen voto)

* 5 profesores/as elixidos/as polo claustro

* 5 pais/nais de alumnos/as (1 proposto/a pola ANPA)

* 1 representante do Concello

* 1 representante da administración e servizos

Neste curso cómpre facer renovación acordo ca lexislación vixente, no sector de pais/nais de alumnos/as, corresponde renovar 2 dos seus membros.

2.- XUNTA ELECTORAL

Todo o proceso electoral estará organizado e supervisado pola XUNTA ELECTORAL formada por:

* Director/a do centro

* 1 profesor/a (elixido en sorteo público)

* 1 pais/nai de alumno/a (elixido en sorteo público)

* 1 membro da administración e servizos (elixido en sorteo público)

3.- ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS

a) Electores: Son o pai e a nai ous os titores legais (poden votar os dous) dos/as alumnos/as matriculados/as no centro e que figuren no censo de pais/nais que estará exposto no taboleiro de anuncios do colexio (convén revisar e comunicar se hai erros de omisión ou transcrición). Se Vde. non figurase no censo ou advertira algún erro, póñao en coñecemento antes do día 16 de novembro para que a secretaría proceda á súa rectificación, e o comunique á Xunta Electoral para a súa aprobación.

b) Elixibles: todos os electores son elixibles sempre e cando presenten a súa candidatura. Se Vde. quere ser candidato/a ten que solicitalo á Xunta Electoral, ben a través dunha solicitude dirixida á Xunta Electoral ou ben na conserxería co impreso oficial aprobado pola Xunta Electoral.

O prazo de presentación de candidaturas será do 6 ao 16 de Novembro (ambos dous inclusive) e débese entregar a solicitude na secretaría do centro en horario de 10:00 h a 13:30 h. A campaña electoral comprenderá dende o 20 ao 24 de Novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos/as candidatos/as, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

 

c) Elección: A votación para a elección dos pais/nais que corresponde renovar farase entre os/as candidatos/as admitidos/as e proclamados/as pola Xunta Electoral, o vindeiro día 26 de Novembro no propio centro diante dunha mesa electoral constituída por:

- Director/a do centro (actuará como presidente/a)

- Catro pais/nais do alumnado designados/as por sorteo público entre os/as que non sexan candidatos/as (sorteo que será celebrado o día 19 de Novembro ás 12:15 h no centro).

A Xunta Electoral acordou que o horario de votación será de 14:30 h a 18:00 h. Ao remate farase o escrutinio público dos resultados.

O voto será directo, segredo e non delegable. Cada elector/a acreditará a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera documento acreditativo, e fará constar na papeleta un solo nome.

d) Supervisores: Poderán actuar como supervisores/as da votación os/as pais/nais ou titores do alumnado matriculados no colexio, ben propostos pola ANPA do centro, ben avalados/as pola sinatura de dez pais/nais.

Aquelas persoas que resulten designadas no sorteo da Mesa Electoral comunicaráselles por escrito coa suficiente antelación (ao menos 4 días antes das eleccións).

Os membros integrantes da xunta electoral, das mesas electorais e os electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas expediráselles un certificado de asistencia en aplicación ao establecido na lexislación vixente.

Para máis información sobre o proceso consultar a lexislación no portal educativo da Xunta de Galicia, sección Consello Escolar de Galicia. Tamén pode Vde. pasar polo centro onde lle facilitaremos a información que precise.

AdxuntoTamaño
2018-11-05 Elección representantes de pais-nais do alumnado no Consello Escolar.pdf594.29 KB


event | by Dr. Radut