O venres día 20 de marzo, último día de inverno, entre as nove e as once da mañá (aproximadamente) terá lugar un eclipse de sol. Dende o equipo da biblioteca do cole querémosvos animar a que investiguedes e aprendades que condicións teñen que darse para que isto suceda e en que consiste. Aquí vos deixamos información para que o saibades e algúns fáciles e creativos consellos para poder observarlo sen ter riscos para a saúde. RECORDADE QUE MIRAR DIRECTAMENTE AO SOL DURANTE UN TEMPO PROLONGADO PODE CAUSAR DANOS NA RETINA E POLO TANTO NA VISTA! TEDE MOITA PRECAUCIÓN!
Se picades na imaxe accederedes á información que publica o portal CIENCIA GALEGA.
![Imaxe que mostra un eclipse total de sol.](http://i1.wp.com/www.gciencia.com/wp-content/uploads/2015/08/1398682596530.jpg?w=650)
No seguinte enlace poderedes atopar consellos e trucos para ver o eclipse da páxina de El Correo.
![Observando un eclipse a través da sombra dunha espumadera](http://blogs.elcorreo.com/el-navegante/files/2015/03/Eclipseforkids-1024x770.jpg)
Os medios de comunicación galegos tamén se fan eco da nova.
LA VOZ DE GALICIA.
FARO DE VIGO.
EL CORREO GALLEGO.
Feliz eclipse e feliz fin de inverno! Vémonos na primavera!