Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

PROXECTO EXPLORANDO OUTES

O equipo da biblioteca pon á vosa disposición, tanto para o alumnado como para o profesorado, unha páxina recopilatoria de recursos en rede que falan de Outes e, proximamente, tamén se vos pasará un dossier con información de interese sobre o concello. Esperamos que vos sirva de axuda.

Podedes atopar esta páxina picando na imaxe e tamén, de forma permanente, entrando no blog da biblioteca no enlace  de nome PROXECTO OUTES da parte superior lateral esquerda. 

Mapa  do norte da provincia da Coruña onde aparece sinalado Outes

 

Compartimos tamén esta interesante infografía sobre o traballo por proxectos por se puidera ser do voso interese.

Na biblioteca haberá unha exposición permanente con libros que atopamos relacionados co concello de Outes.

Bo inicio de proxecto a todos!

Xornada de convivencia e recoñecemento da contorna cunha rota de sendeirismo

Primeiramente quero aclarar, como xa o fixen con parte dos implicados nesta xornada, que o motivo de subir aínda agora esta actividade non é outro que ter tido problemas coas fotografías.

Pois ben, o pasado 18 de xuño, o alumnado de 5º e 6º niveis de E. Primaria, o seu titor e a súa titora respectivamente e eu (profesora de E. F) saímos a iso das 10h  en autobús  cara ao lugar do  Loureiro (Cando, outes). Unha vez alí, dirixímonos pola marxe esquerda do río Tambre até chegar á Central hidroeléctrica do Tambre (Sta María de Róo, Noia). Durante a rota de sendeirismo fomos reforzando contidos, previamente estudados nas aulas, e tamén os reforzamos na contorna máis próxima á central. Así,  vimos por exemplo as presas de lampreas no propio río, unhas turbinas de grandes dimensións, que están no exterior da central..., pero ademais: conversamos, xogamos, gozamos daquelas marabillosas paisaxes, repuxemos enerxías con algún que outro alimento e, por suposto, fixemos exercicio. Logo, arredor das 13:30 h emprendemos o camiño de volta cara ao centro.

Esta xornada de convivencia resultou, sen dúbida, de moito proveito  e á vez agradable. Pero ademais, incluso houbo algún neno que, cando baixábamos camiñando, manifestou telo pasado moi ben e considerar a saída como a mellor da súa etapa de Primaria. 

Sen máis, aí van unha serie de fotografías daquela mañán... Espero que vos gusten!!!

 

 

 

Fase comarcal de campo a través, 16 de decembro do 2015, Campamento do Loreto (Porto do Son)

O mércores, 16 de decembro, saímos 47 nenos e nenas (varios/as non puideron por problemas de saúde) e 4 mestres/as cara o Campamento do Loreto (Porto do Son) a iso das 10 h. Alí, ía celebrarse a 1ª xornada eliminatoria de campo a través desta tempada, a fase comarcal. Nesta xornada, foron máis de 1000 os rapaces e rapazas da bisbarra, que competiron polos preciados e desexados metais e por lograr pasar á seguinte fase de competición, a intercomarcal.

A xornada transcurriu sin incidentes relevantes pero, aínda que se acadaron 8 metais en varias categorias e que o equipo benxamín masculino logrou o primeiro posto, os ánimos estaban un pouco decaidos no regreso ao centro ... Está claro, a todos/as nos agrada seguir adiante e si, por riba, estamos habituados/as a facelo ... máis custa quedar no camiño. Pero, non pasa nada, o vindeiro ano tentarémolo de novo.

Grazas a quen, unha vez máis, nos acompañou e, evidentemente, aos rapaces e rapazas que se esforzaron e fixeron o posible por lograr os mellores resultados.

 ¡¡¡ Ánimo aos nenos e á nena que seguides adiante e nos representaredes na fase intercomarcal a finais de xaneiro !!!.

¡MOITA SOOOORTE meus corazóns!.

  

 

1ª xornada de campo a través. Toma de contacto, 20 de novembro.

O venres, 20 de novembro, pouco despois das 10 h., saímos dúas profesoras e un profesor cun nutrido grupo de alumnos/as das categorías: benxamín, alevín e infantil de ámbolos dous sexos cara o Estadio de San lázaro (Noia). A maioría ían ilusionados e con moitas ganas de lograr metais, aínda que tamén levaban nervos e, en certa medida, algo de medo ao descoñecido, pois para algúns/has era a primeira xornada de competición. Unha vez alí, recolléronse e repartíronse os dorsais e a competición empezou pouco despois.

 Como ven sendo habitual, algúns pais, nais, outros familiares e amizades tiveron a xentileza de achegarse deica o estadio e, alí, ademais de acompañarnos e animar ao alumnado, axudaron a quen o precisou.

 A xornada transcurriu sen incidentes para nós e varios nenos e nenas, de distintos equipos, acadaron os preciados metais, polo que todos/as retornamos ao colexio ben ledos a iso das 13h.

Noraboa a todos/as ..., gañadores ou non e, por suposto, grazas a todos/as aqueles que sempre que poden están aí, dándoo todo con nós, faga frío ou calor.con nós

 Que ninguén esqueza que o máis importante é a práctica deportiva en si, aínda que todos/as sabemos que si ven acompañada de metais, mellor que mellor...

 

 

Coñecendo a cultura de Galicia: O APALPADOR

Na clase de 3º ademais de facer cociña creativa para fin de ano tamén realizamos o noso particular Apalpador e coñecimos algo máis da cultura galega. Fíxonos falta pan de molde, queixo en lonchas Cheddar e uvas pasas. Igual que no caso do porco espiño calculamos prezos e o seu valor nutricional chegando á conclusión de que é máis sano o prato que contén a froita que este. A continuación mostrámosvos o resultado da nosa investigación a través de Internet deste personaxe e como quedou finalmente a receita. Bo proveito!

O APALPADOR from CEIP Serra de Outes on Vimeo.

 

Se vos gustou a cantiga de Malvela aquí vola deixamos coa letra por se a queredes cantar. 

COCIÑA CREATIVA DE NADAL

Os últimos días de clase A CLASE DOS LISTOS (grazas á colaboración das profes de PT e AL)  estivo realizando receitas de cociña creativa con temática navideña. Aquí vos deixamos o vídeo das nosas tarefas que inclúe un titorial final.

Non volo perdades! Vaivos vir moi ben para o fin de ano!

POR FIN DE ANO PORCO ESPIÑO DE UVAS E PERAS from CEIP Serra de Outes on Vimeo

A través deste tipo de actividades traballamos as linguas e os textos instructivos, as matemáticas (sumas, restas, cantidades, moedas...) e ata contidos de ciencias naturais relacionados coa alimentación saudable pero, sobre todas as cousas, experimentamos e pasamos un bo rato!

O San Martiño chegou e os trompos bailaron e bailaron... en patios e rúas.

Coa chegada de novembro, mes do San Martiño, desde a área de E. Física reanudouse o traballo cos trompos nas clases, pero ademais animouse ao alumnado a botalos en ámbolos dous recreos. Deste xeito, procuraríase evitar que un xogo tan popular antaño non se perda, senón que continúe presente como parte do noso patrimonio cultural e se siga transmitindo a xeracións vindeiras nun futuro inmediato.

Por suposto, aos máis noviños/as de E. Primaria, os nenos e nenas de seis, sete anos... , cústalles bastante facer bailar os trompos e hai que axudarlles e repetirlles o proceso unha e outra vez... Pero, non cabe dúbida que, resulta supergratificante ver as súas facianas cheas de ledicia e ilusión cando logran que o trompo lles baile...

Que sigan bailaaaando!!!!!

 

ESQUEMA PARA FACER UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN.

Con este esquema recordaredes cales son os cinco pasos (como os dedos da man) que hai que seguir para realizar un traballo de investigación riguroso. 

GUIA DE LECTURA

Saisa e o equipo da biblioteca desexámosvos bo Nadal e, se aínda vos queda oco nas vosas cartas, propoñémosvos unha serie de libros que, de seguro, vos van a encantar.  

Distribuir contido


by Dr. Radut