Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

MENÚ NOVEMBRO-DECEMBRO 2024

VOLTAMOS!!!

AGRADECEMENTO!

 

Estimadas familias

O pasado mércores 9 de outubro a riada levouse por diante moitas horas de traballo dos últimos anos de todas as persoas que formamos esta comunidade educativa. 

Levábamos tempo traballando con ilusión neste proxecto e cando comezabamos a desfrutar dos logros acadados chegou este temporal para poñernos novamente a proba como comunidade. Pero somos resilientes e esta proba chegou para demostrar unha vez máis a forza que temos como comunidade unida.

 

Sabedes a cantidade enorme de desperfectos causados: aulas de infantil, ximnasio, comedor, peche perimetral, todas as dependencias do edificio administrativo, patio, corredores, cantidade de material inservible….

Unha parte dos desperfectos foron arranxados coa limpeza e retirada de restos, outros están en proceso de solucionarse estos días pero a parte máis afectada  e complicada de solucionar de inmediato son as aulas de Infantil. Estas van necesitar de varias semanas de secado antes de colocar outra superficie que substitúa a tarima danada.

 

Grazas á vosa axuda, a das persoas traballadoras do centro, persoal do Concello de  Outes, Protección Civil e os Axentes Forestais nesas primeiras horas fomos quen de darlle a volta a situación. Demostramos que xuntas somos máis fortes, capaces de seguir soñando e construíndo esa escola que queremos para nenas e nenos de Outes.

Nestas horas estivemos traballando sen descanso nunha proposta transitoria que nos permita volver nas mellores condicións posibles mentres non rematan a totalidade das obras necesarias. A volta será o próximo LUNS 14 de outubro.

 

 E COMO IMOS VOLVER?                                                                                                       

 

SERVIZO DE MADRUGADORES 

Ubicarase temporalmente na zona de comedor. A entrada farase ata as 9:30 pola cancela peatonal avisando telefónicamente ao monitorado da actividade. 

Despois desa hora non se poderá pasar por interferencia coa entrada dos autobuses.

 

AULAS DE INFANTIL

Ubicadas temporalmente na planta superior do edificio onde está situada a Biblioteca (Edificio da Autónoma). O alumnado que emprega o transporte escolar accederá como sempre e cruzará o edificio principal ata a porta da biblioteca. O alumnado que acompañades ao centro entrará  pola porta habitual de entrada directamente á Biblioteca onde están ubicados os casilleiros para o cambio de calzado.

 

PATIO 

Esta é unha das zonas máis afectadas polo que o seu uso vaise ver condicionado durante un tempo, hai zonas cercadas por seguridade que non imos poder empregar.

 

SERVIZO DE COMEDOR 

Funcionará con normalidade desde o luns.

 

SERVIZO DE TARDE NA BIBLIOTECA

Con esta nova organización a zona da Biblioteca sufre unha importante redución de espazo. Por ese motivo facemos un chamamento para que nas tardes só acuda o alumando nos casos de estricta necesidade de conciliación. Desta maneira garantimos o benestar do alumnado que ten que facer uso.

 

ACTIVIDADES ANPA 

Reubícanse as actividades de Taekwondo e Ioga no ximnasio do centro.

 

SAÍDAS

As saídas realizaranse da forma habitual

 

Recordade que todas estas son medidas transitorias que suporán incomodidades, reaxustes para todas… polo que imos ter que ter paciencia. Agradecemos a mesma comprensión e colaboración nas próximas semanas que a que levades demostrando dende o pasado mércores. 

 

 

MENÚ SETEMBRO-OUTUBRO 2024

FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA POLAS TARDES

                      

CALENDARIO ESCOLAR 2024-25

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

CONVOCATORIA DA REUNIÓN INFORMATIVA A FAMILIAS PARA O CURSO 2024/25

Como nai, pai ou titor/a legal do seu fillo/a que cursa estudos neste centro convócaselle a unha reunión informativa sobre a organización do curso escolar 2024/25. 

Datas e horarios segundo o curso no que se atopa escolarizado/a:

XOVES

2ª Ciclo de Educación Infantil

10:30

1ª Ciclo de Educación Primaria

12:00

VENRES

2ª Ciclo de Educación Primaria

10:30

3ª Ciclo de Educación Primaria

12:00

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DA ADXUDICACIÓN DE VALES E MATERIAL ESCOLAR

  • Publicado no taboleiro do centro as listas para consultar a adxudicacion de Vales de material e libros.

 

  • Prazo de reclamación: luns e martes  de 10:00 a 14:00. 

 

  • Serán entregados nas xuntanzas informativas do mes de setembro

ABERTO PRAZO SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-25

Prazo de entrega do Modelo de Autodeclaración Comedor Escolar para o Curso 2024-25, dende o Xoves 20 de xuño ata o martes 9 de Xullo en horario de 10:00 h ata 14:00 h

Para solicitar praza é preciso estar ao corrente de pago dos recibos do curso 2023-2024

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024-25

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

·  A convocatoria para o curso 2024/2025 publicouse o 19 de abril de 2024.

·  O prazo de solicitude30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

1.   ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA: do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez enchido, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo no que vas estudar, se non tes certificado electrónico.

SEDE ELECTRÓNICA

2.   REXÍSTRATE:  Para iso, necesitas un usuario e un contrasinal:

• Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite neste Ministerio, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.

• Se nunca che rexistraches, pica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

Podes acceder á solicitude de bolsa de dúas formas:

• con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles. Se accedes desta forma, terás que ter todos os certificados (xerarachos a aplicación ao terminar de encher a solicitude) enchidos e asinados por quen corresponda (director do colexio, gabinete, inspector de zona...) e presentalos, mediante a aplicación, escaneados, antes do final do prazo de presentación de solicitudes.

• mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que che rexistraches na sede electrónica. Se accedes desta forma, bastará con que enchas a solicitude, imprimas o PDF que se xera e preséntelo no colexio antes de que termine o prazo de presentación de solicitudes. Neste PDF xa están os certificados que necesitas. 

 ENCHE O FORMULARIO: Unha vez dentro da aplicación para pedir a axuda, tes que encher o formulario en liña.

• Le con calma as instrucións do formulario, daranche información que tes que ter en conta.

Cando terminases de introducir todos os datos no formulario, darache instrucións para imprimir a solicitude e os certificados nun ficheiro en formato PDF.

No PDF aparecerá a solicitude e os certificados, que servirán para xustificar que reúnes os requisitos para recibir a axuda. Tamén deberás imprimilos e presentalos no colexio (antes da data límite para presentar solictudes), para que os enchan e asinen os responsables de facelo (director ou secretario do centro, equipos de orientación, inspectores etc.)/ etc.). En cada un deles aparece quen deberá enchelos e asinalos.

• Cando teñas a solicitude en papel, asínaa se es maior de 18 anos. Se non, terán que asinala o teu pai, nai ou titor.

Tamén deben asinar a solicitude todos os membros da túa unidade familiar que sexan maiores de 18 anos para autorizar á Administración Tributaria a obter os datos económicos necesarios.

• Unha vez asinada a solicitude, tes que presentala, xunto aos certificados, no centro onde vaias matricularche.

   Nalgúns casos, é posible que necesites entregar, ademais, outros documentos. Consulta, no apartado que necesitas, os requisitos para saber cales son eses documentos.

Lembra que é imprescindible presentar todo antes de que acabe o prazo.

IMPORTANTE: É importante que conserves o xustificante que che devolverán no centro, selaxe, para xustificar que presentaches a solicitude

Distribuir contido


by Dr. Radut