AGRADECEMENTO!
Estimadas familias
O pasado mércores 9 de outubro a riada levouse por diante moitas horas de traballo dos últimos anos de todas as persoas que formamos esta comunidade educativa.
Levábamos tempo traballando con ilusión neste proxecto e cando comezabamos a desfrutar dos logros acadados chegou este temporal para poñernos novamente a proba como comunidade. Pero somos resilientes e esta proba chegou para demostrar unha vez máis a forza que temos como comunidade unida.
Sabedes a cantidade enorme de desperfectos causados: aulas de infantil, ximnasio, comedor, peche perimetral, todas as dependencias do edificio administrativo, patio, corredores, cantidade de material inservible….
Unha parte dos desperfectos foron arranxados coa limpeza e retirada de restos, outros están en proceso de solucionarse estos días pero a parte máis afectada e complicada de solucionar de inmediato son as aulas de Infantil. Estas van necesitar de varias semanas de secado antes de colocar outra superficie que substitúa a tarima danada.
Grazas á vosa axuda, a das persoas traballadoras do centro, persoal do Concello de Outes, Protección Civil e os Axentes Forestais nesas primeiras horas fomos quen de darlle a volta a situación. Demostramos que xuntas somos máis fortes, capaces de seguir soñando e construíndo esa escola que queremos para nenas e nenos de Outes.
Nestas horas estivemos traballando sen descanso nunha proposta transitoria que nos permita volver nas mellores condicións posibles mentres non rematan a totalidade das obras necesarias. A volta será o próximo LUNS 14 de outubro.
E COMO IMOS VOLVER?
SERVIZO DE MADRUGADORES
Ubicarase temporalmente na zona de comedor. A entrada farase ata as 9:30 pola cancela peatonal avisando telefónicamente ao monitorado da actividade.
Despois desa hora non se poderá pasar por interferencia coa entrada dos autobuses.
AULAS DE INFANTIL
Ubicadas temporalmente na planta superior do edificio onde está situada a Biblioteca (Edificio da Autónoma). O alumnado que emprega o transporte escolar accederá como sempre e cruzará o edificio principal ata a porta da biblioteca. O alumnado que acompañades ao centro entrará pola porta habitual de entrada directamente á Biblioteca onde están ubicados os casilleiros para o cambio de calzado.
PATIO
Esta é unha das zonas máis afectadas polo que o seu uso vaise ver condicionado durante un tempo, hai zonas cercadas por seguridade que non imos poder empregar.
SERVIZO DE COMEDOR
Funcionará con normalidade desde o luns.
SERVIZO DE TARDE NA BIBLIOTECA
Con esta nova organización a zona da Biblioteca sufre unha importante redución de espazo. Por ese motivo facemos un chamamento para que nas tardes só acuda o alumando nos casos de estricta necesidade de conciliación. Desta maneira garantimos o benestar do alumnado que ten que facer uso.
ACTIVIDADES ANPA
Reubícanse as actividades de Taekwondo e Ioga no ximnasio do centro.
SAÍDAS
As saídas realizaranse da forma habitual
Recordade que todas estas son medidas transitorias que suporán incomodidades, reaxustes para todas… polo que imos ter que ter paciencia. Agradecemos a mesma comprensión e colaboración nas próximas semanas que a que levades demostrando dende o pasado mércores.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
comunicación familias apertura post inundación 2024.pdf | 72.63 KB |