Complementarias
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Enviado por admin o Sáb, 03/12/2022 - 11:56Ver esta publicación en Instagram
25-N
Enviado por admin o Xov, 24/11/2022 - 20:00Durante o mes de novembro, nos obradoiros de Lingua Galega traballamos os estereotipos que existen entre homes e mulleres. Cada grupo, falou e debatiu sobre situacións típicas que acontecen no noso día a día e como actuamos dependendo de se afectan a homes ou mulleres.
Con todo isto, grabamos este vídeo empregando o recuncho audiovisual de BiblioSello.
O noso alumnado é consciente de que son o futuro do noso planeta e chegaron a unha conclusión común do que debería empezar a pasar para que a igualdade sexa unha realidade ao 100%. E ti?
GRADUACIÓN 2022
Enviado por admin o Sáb, 25/06/2022 - 06:03O pasado 22 de xuño celebramos no cole a graduación de 6º de infantil e 6º de primaria. Acompañados das familias, compañeiros e compañeiras e mestres do centro, os nosos rapaces e rapazas ofrecéronnos actuacións musicais e de baile, así como discurso de despedida por parte do alumnado de 6º. Representando ao curso de 5º, Irene e Nora tamén tiveron unhas palabras para os seus compañeiros graduados.
Agradecemos as familias e a anpa pola súa colaboración. Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de infantil e os mellores desexos para 6º de EP na súa nova etapa.
6º EDUCACIÓN INFANTIL
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Ponte nas Ondas!
Enviado por Anónimo o Ven, 04/02/2022 - 14:42A través do proxecto Radio na Biblio, tivemos a sorte de contar coa xente de Ponte nas Ondas para formar ao noso alumnado en radio escolar!
Aquí tedes o programa que gravaron entre todos os cursos de primaria! Clica na imaxe