25-N
Durante o mes de novembro, nos obradoiros de Lingua Galega traballamos os estereotipos que existen entre homes e mulleres. Cada grupo, falou e debatiu sobre situacións típicas que acontecen no noso día a día e como actuamos dependendo de se afectan a homes ou mulleres.
Con todo isto, grabamos este vídeo empregando o recuncho audiovisual de BiblioSello.
O noso alumnado é consciente de que son o futuro do noso planeta e chegaron a unha conclusión común do que debería empezar a pasar para que a igualdade sexa unha realidade ao 100%. E ti?