Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca Creativa

25-N

Durante o mes de novembro, nos obradoiros de Lingua Galega traballamos os estereotipos que existen entre homes e mulleres. Cada grupo, falou e debatiu sobre situacións típicas que acontecen no noso día a día e como actuamos dependendo de se afectan a homes ou mulleres.

Con todo isto, grabamos este vídeo empregando o recuncho audiovisual de BiblioSello.

O noso alumnado é consciente de que son o futuro do noso planeta e chegaron a unha conclusión común do que debería empezar a pasar para que a igualdade sexa unha realidade ao 100%. E ti? 

 
Aquí vos de deixamos un vídeo que resume todo o que fixemos este día. 
  
 
Tamén saíu a noticia no Atlántico diario na que explican as actividades que estimemos facendo este mes de novembro. Clica aquí para ollala!!

INAUGURACIÓN BIBLIOSELLO

HOXE POR FIN INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA!!

Aproveitando o Día das Bibliotecas Escolares, a nosa nova mascota da biblio Rapolibro, quixo facer a súa presentación por todo o alto.

Para iso, enviou unha misteriosa mensaxe a cada grupo para reunilos na súa biblioteca: 

 
En equipos, resolveron unha serie de probas relacionada coa organización e o funcionamiento de BiblioSello. Así lograron as chaves paraque conseguir a pista que os levaría ata o agocho de Rapolibro
 
 
Grazas ao Centro Ocupacional de APAMP Vigo, a mascota de BiblioSello é unha realidade.
Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: