REVISTA SARDOMELA 22-23
Enviado por admin o Ven, 09/06/2023 - 18:00AXUDAS MUNICIPAIS: LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR 23-24
Enviado por admin o Ven, 02/06/2023 - 04:01Informamos que xa están publicadas as bases que regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado dos centros docentes con enderezo en Vigo para o curso 2023-24.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida famliar e laboral.
-
AXUDAS
-
Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
-
Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
-
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
- PRAZO: 05/06/2023 - 30/06/2023.
- A través do Rexistro xeral municipal.
- Cita previa:
- Teléfonos: 010 ou 986810260
- Acceso solicitude cita previa
- A través da carpeta Cidadá do Concello de Vigo (convocatorias).
- Calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da L.39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 23-24
Enviado por admin o Lun, 22/05/2023 - 04:34Publicada a convocatoria que regula as solicitudes para o curso 2023-24 do:
- Fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º e 4º de EP).
- Axudas para adquirir libros de texto (alumnado de 1º e 2º de EP).
- Axudas para material escolar (alumnado de EP).
PRAZO DE SOLICITUDE:
Do 20/5/2023 ao 21/6/2023, incluídos.
MODALIDADE DE PRESENTACIÓN:
- Presencialmente no centro educativo.
- Vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) na sede da Xunta de Galicia.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
- Anexo I e II.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente.
De ser o caso:
- En caso de separación ou divorcio, deberá achegarse a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia.
- Outros.
FESTA DOS MAIOS
Enviado por admin o Sáb, 20/05/2023 - 05:45Deixamos un resumo da Festa dos Maios que vivimos no Sello e as coplas que compuxemos nos obradoiros de Lingua Galega para este día.
COPLAS DOS MAIOS
BECAS NEAE 23-24
Enviado por admin o Xov, 11/05/2023 - 04:43Informamos que xa está aberto o prazo de solicitude das Becas NEAE para o curso 23/24.
O prazo de presentación é dende o 8 de maio de 2023 ao 20 setembro de 2023. Recomendamos non agardar ata o último momento.
Como novidade para o vindeiro curso, poderán percibir unha axuda de 400 euros, subsidio para gastos adicionais de carácter xeral, para todos aqueles solicitantes que acrediten NEAE e cumpran os requisitos da convocatoria.
Para poder solicitalas, pida información no Gabinete psicopedagóxico ao que acude o seu fillo/a, ou no centro escolar no Departamento de Orientación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »