AXUDAS MUNICIPAIS: LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR 23-24
Informamos que xa están publicadas as bases que regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado dos centros docentes con enderezo en Vigo para o curso 2023-24.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida famliar e laboral.
-
AXUDAS
-
Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa).
-
Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
-
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
- PRAZO: 05/06/2023 - 30/06/2023.
- A través do Rexistro xeral municipal.
- Cita previa:
- Teléfonos: 010 ou 986810260
- Acceso solicitude cita previa
- A través da carpeta Cidadá do Concello de Vigo (convocatorias).
- Calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da L.39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).