Semana do libro - Luns
Ao longo da semana do 18 ao 23 de abril celebramos a "Semana do Libro". Este ano organizamos unha actividade relacionada co noso proxecto anual "Unha andaina por España".
Cada aula contounos aos demais, un conto, unha lenda ou falounos das características da Comunidade Autónoma investigada durante o curso.
Todos fixérono moi ben e aprendemos moitas cousas interesantes.
Os primeiros en comezar esta andaina foron os alumnos de Infantil que nos leron o conto de Andalucía "La feria de Abril" e tamén "¿De qué están hechas las niñas flamencas?". A continuación, os alumnos de 5º de Primaria nos representaron a lenda vasca de Makilakixki.