Iniciar sesión: Acceso

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. A biblioteca é, sen dúbida, un dos lugares mais especiais da nosa escola e por iso non podíamos deixar de celebrar esta data, xa que danos o pistoletazo de saída para por en marcha unha morea de actividades que espertan no noso alumnado as ganas de aprender, investigar e soñar. Ademais este ano temos un bo motivo para celebrar, porque a nosa biblioteca entrou a formar parte da Rede de Bibliotecas PLAMBE. 
Este ano o cartel editado para a conmemoración desta data foi realizado pola ilustradora Helena Odriozola e o pregón, que lemos nesta celebración, pola escritora viguesa Ledicia Costas, ambas premios nacionais no ano 2015.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste gran día para o noso Recuncho de Libroreta.

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: