Centro de pedagoxías vivas e activas
MAGOSTO
O pasado venres festexamos no centro o magosto, con xogos populares, música e por suposto con castañas. Para iso contamos cun castañeiro que no las deu asadas e quentiñas. Estaban ben ricas!
UN COLEXIO DE CONTO
Este curso, o Proxecto Integrado que vai seguir todo o centro é "Contos e lendas".
SAMAÍN
Xa chegou o Samaín! e por suposto quixemos festexalo. Para iso decoramos todo o centro e tamén fixemos xogos no ximnasio. O día 30 os nenos/as e o persoal do centro viñeron disfrazados de cousas terroríficas.
Se clicas na imaxe podes ver fotos
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O 28 de outubro festéxase o día das bibliotecas e no noso centro realizamos unha actividade na que cada neno/a podía reflexar o que lle parecía importante de ir á biblioteca. Fíxose empregando uns banderíns que logo colgamos no patio cuberto.
FORMACIÓNS NO CENTRO
Este mes os mestres e mestras do colexio estivemos formándonos en distintos temas para estar ben preparados para afrontar o curso.
A primeira formación foi sobre PRIMEIROS AUXILIOS, algo que como mestres/as é moi necesario, xa que ó longo da xornada poden darse situacións accidentais cos alumnos /as e é interesante estar preparados para afrontalas, xa que diso pode depender a vida do neno/a.
Neste caso, contamos coa colaboración desinteresada de Jesús Rey Ferreiro, técnico do 061, que nos deu unha charla práctica moi amena e proveitosa.
A segunda estivo organizada pola ANPA e o seu contido foi a EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL. A encargada de impartila foi Noelia Moreau Castro, sexóloga en "Con mucho gusto". Noelia deunos pautas de como tratar este tema cos nosos alumnos e alumnas en función da súa idade. Tivo tamén a súa parte práctica e incluso nos amosou distintos materiais, sobre todo libros que nos podían resultar interesantes para traballar o tema.
Moitísimas grazas ós dous.
Tocando a imaxe de abaixo podedes ver fotos
CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA
Estimadas familias,
Comunicámoslles que xa está aberto o prazo para participación na XLIII CARREIRA INTERNACIONAL DE NEGREIRA.
Para acceder ó enlace da inscripción, FAGAN CLIC NA IMAXE DE ARRIBA
Deben elixir a opción de ESCOLARES e cumprimentar os datos que se lles piden.
En centro Escolar : CEIP O COTO.
As inscricións finalizarán o mércores, 30 de outubro de 2024 22:00h
DATA DA CARREIRA: DOMINGO 3 NOVEMBRO DE 2024
Un cordial saúdo.
LIBROS DE TEXTO 24/25
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LIBROS 1º EP 24-25.pdf | 98.65 KB |
LIBROS 3º EP 24-25.pdf | 90.95 KB |
LIBROS 4º EP 24-25.pdf | 114.48 KB |
LIBROS 6 EI 24-25.pdf | 92.8 KB |
LIBROS 2º EP 24-25.pdf | 131.04 KB |
XABIER DÍAZ
Dentro do proxecto de música do centro, tivemos o privilexio de contar cun convidado de excepción. Nada máis e nada menos que Xabier Díaz!
Acompañou ós nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e as súas mestras, aportándolle unha visión ampla e clara da tradición oral galega.
Presentou instrumentos que descoñecían, ensinoulles coplas e acompañounos tocando a súa pandeireta mentres os nenos e nenas lle adicaban unha das súas cancións.
Brindouse a asinar tódalas pandeiretas que chegaron ás súas mans, ademais de doar un exemplar de toda a súa discografía para a biblioteca.