Skip to Content

FORMACIÓNS NO CENTRO

Este mes os mestres e mestras do colexio estivemos formándonos en distintos temas para estar ben preparados para afrontar o curso. 

A primeira formación foi sobre PRIMEIROS AUXILIOS, algo que como mestres/as é moi necesario, xa que ó longo da xornada poden darse situacións accidentais cos alumnos /as e é interesante estar preparados para afrontalas, xa que diso pode depender a vida do neno/a.

Neste caso, contamos coa colaboración desinteresada de Jesús Rey Ferreiro, técnico do 061, que nos deu unha charla práctica moi amena e proveitosa.

A segunda estivo organizada pola ANPA e o seu contido foi a EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL. A encargada de impartila foi Noelia Moreau Castro, sexóloga en "Con mucho gusto". Noelia deunos pautas de como tratar este tema cos nosos alumnos e alumnas en función da súa idade. Tivo tamén a súa parte práctica e incluso nos amosou distintos materiais, sobre todo libros que nos podían resultar interesantes para traballar o tema.

Moitísimas grazas ós dous. 

Tocando a imaxe de abaixo podedes ver fotos

 

 



blog | by Dr. Radut