Skip to Content

Centro de pedagoxías vivas e activas

XENTE DE CINE

Fai uns días tivemos no cole dúas visitas moi especiais, relacionadas co noso proxecto do cine.

Os nenos de infantil puderon disfrutar da visita de Javi, un cámara da TVG que lles ensinou moitas cousas sobre o seu traballo, as cámaras que emprega, como funcionan e ata lles amosou un dron e como voa.

Os maiores do cole tiveron a sorte de poder entrevistar nada menos que a Fede Pérez, un dos actores galegos máis importantes do momento, recente gañador dun Mestre Mateo.

Moitisimas grazas ós dous!

Foi un pracer telos con nós, xa que ademais de dous grandes profesionais, son unhas magníficas persoas.

 

AdxuntoTamaño
Fede.jpg170.69 KB
Fede1.jpg141.73 KB
Fede2.jpg147.53 KB
Javi1.jpg117.95 KB
Javi2.jpg101.49 KB
Javi3.jpg113.39 KB

MULLERES NO CINE

Celebramos o 8M, como non podía ser doutra maneira, a través do cine. Para iso, os nenos/as do colexio prepararon esta exposición sobre mulleres importantes no mundo do cine

MANIFIESTO 8M COLEGIO TS GRANADA - Portal del Consejo General del Trabajo  Social

FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro festexamos o día da Paz e, como non podía ser doutra maneira neste curso de cine, fixémolo con películas nas que se traballan valores que conlevan a Paz: compañeirismo, respecto, amizade, colaboración... Cada clase fixo o seu traballo e todos foron expostos nun mural no patio. Aquí tedes como quedou:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut