Skip to Content

Centro de pedagoxías vivas e activas

MAGOSTO

O pasado venres festexamos no centro o magosto, con xogos populares, música e por suposto con castañas. Para iso contamos cun castañeiro que no las deu asadas e quentiñas. Estaban ben ricas!

UN COLEXIO DE CONTO

Este curso, o Proxecto Integrado que vai seguir todo o centro é "Contos e lendas". 

SAMAÍN

     Xa chegou o Samaín! e por suposto quixemos festexalo. Para iso decoramos todo o centro e tamén fixemos xogos no ximnasio. O día 30 os nenos/as e o persoal do centro viñeron disfrazados de cousas terroríficas.

Se clicas na imaxe podes ver fotos 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

       O 28 de outubro festéxase o día das bibliotecas e no noso centro realizamos unha actividade na que cada neno/a podía reflexar o que lle parecía importante de ir á biblioteca. Fíxose empregando uns banderíns que logo colgamos no patio cuberto.

FORMACIÓNS NO CENTRO

Este mes os mestres e mestras do colexio estivemos formándonos en distintos temas para estar ben preparados para afrontar o curso. 

A primeira formación foi sobre PRIMEIROS AUXILIOS, algo que como mestres/as é moi necesario, xa que ó longo da xornada poden darse situacións accidentais cos alumnos /as e é interesante estar preparados para afrontalas, xa que diso pode depender a vida do neno/a.

Neste caso, contamos coa colaboración desinteresada de Jesús Rey Ferreiro, técnico do 061, que nos deu unha charla práctica moi amena e proveitosa.

A segunda estivo organizada pola ANPA e o seu contido foi a EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL. A encargada de impartila foi Noelia Moreau Castro, sexóloga en "Con mucho gusto". Noelia deunos pautas de como tratar este tema cos nosos alumnos e alumnas en función da súa idade. Tivo tamén a súa parte práctica e incluso nos amosou distintos materiais, sobre todo libros que nos podían resultar interesantes para traballar o tema.

Moitísimas grazas ós dous. 

Tocando a imaxe de abaixo podedes ver fotos

 

 

CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA

Estimadas familias,

Comunicámoslles que xa está aberto o prazo para participación na  XLIII CARREIRA INTERNACIONAL DE NEGREIRA.

Para acceder ó enlace da inscripción, FAGAN CLIC NA IMAXE DE ARRIBA

Deben elixir a opción de ESCOLARES e cumprimentar os datos que se lles piden.

En centro Escolar : CEIP O COTO.

As inscricións finalizarán o mércores, 30 de outubro de 2024 22:00h

DATA DA CARREIRA: DOMINGO 3 NOVEMBRO DE 2024

Un cordial saúdo.

 

 

 

XABIER DÍAZ

Dentro do proxecto de música do centro, tivemos o privilexio de contar cun convidado de excepción. Nada máis e nada menos que Xabier Díaz!

Acompañou ós nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e as súas mestras, aportándolle unha visión ampla e clara da tradición oral galega.

Presentou instrumentos que descoñecían, ensinoulles coplas e acompañounos tocando a súa pandeireta mentres os nenos e nenas lle adicaban unha das súas cancións.

Brindouse a asinar tódalas pandeiretas que chegaron ás súas mans, ademais de doar un exemplar de toda a súa discografía para a biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut