INFORMACIÓN IMPORTANTE
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021
Prazo de presentación de solicitudes de admisión:
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes (ambos incluídos).
Recolleremos os documentos de admisión no CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2, na Avenida da Concordia s/n de Tui, en horario de 10.00 a 14.00. Preferiblemente, por cuestións de seguridade sanitaria, concerten cita previa no 886 120 057 / 663 032 481 ou no correo ceip.numero2.tui@edu.xunta.es. Para a ocasión, vir con luvas e máscara, a ser posible.
Documentación necesaria:
-
DNI ou Libro de Familia do neno, orixinal e copia.
-
No caso de estar matriculado noutro centro hai que traer certificado de matrícula.
NOVOS PRAZOS DO RESTO DO PROCESO DE ADMISIÓN:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (de ser o caso): ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
Información ampliada https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990