Skip to Content

AVANZAMOS NA NOSA HORTA

O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou plantado de sementes o martes 7 de marzo de 2023 : chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones. 

(preme nas imaxes para máis información)

   

Día de Rosalía

23 de febreiro de 2023. Sementando Pensamentos

O alumnado de 4º pasa á horta as súas plantas.

O alumnado de 4ºB e 4ºA sairon á horta o venres 24 de febreiro a poñer as súas plantas de fabas, xirasois, chícharos e tirabeques que medran no interior. Xa están o suficiente grandes para que medren na horta e recoller boa colleita.

(Preme na imaxe para máis información)

NOVIDADES NA HORTA

  • Cenorias, leitugas, cabaciño e fabas plantados polo alumnado de 2ºA.
  • Familias traballando arreo na horta para que o alumnado de Infantil plantara patacas.
  • O alumnado de 3º recolleu follas secas para o composteiro.
  • Os alumnos de Infantil plantaron patacas coa axuda da rapazada de 5º de Primaria.

(preme na imaxe para acceder a toda a información)

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24

Queremos resolver as posibles dúbidas que xurdan sobre o período de admisión para novo alumnado, no curso 2023/24.

 

Preme na imaxe para coñecer un pouco máis o noso centro, e obter información sobre o proceso de admisión.

(Tedes todo exposto tamén no lateral esquerdo da páxina web, no apartado de Secretaría.)

 

Sementando na Horta

Esta semana, sementamos leitugas e cenorias.

Preme no enlace para máis información http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/voznatura

 

 

Exposición de Coroas de Nadal

Aquí vos deixamos un fermoso vídeo da exposición de coroas de Nadal. Todas elas feitas en familia con materiais de refugallo.
Moitas grazas a todas as familias!
BO NADAL!
 

Día Internacional das persoas con discapacidade

O 3 de Decembro celebrouse o Día das Persoas con Discapacidade.

No noso cole , tivemos a gran sorte de contar con Iria, intérprete de signos en ANARELA. Con ela aprendemos a panxoliña de Nadal "Os pitiños" en LSE.

Aquí vos deixamos una mostra para que podades aprendela.

MOITAS GRAZAS IRIA!

 

Eurocidade VI Urban Trail Night

O pasado sábado día 26 de Novembro de 2022, vari@s voluntari@s de 6º de Primaria axudaron na carreira.

(Preme na imaxe para acceder á información).

Tenis de Mesa 22-23

O pasado mércores día 23 de novembro de 2022, tivo lugar a 1ª xornada da competición escolar de Tenis de Mesa,no Pav. do Ceip de Sobrada.

(Preme na imaxe para  máis información)

Sementando

O alumnado de 4 anos, coa axuda dos maiores, estiveron traballando e sementando na horta.

Tócanos agardar un pouquiño para ver os resultados.

                   

Campo a Través Zonal 22-23

O pasado sábado día 12 de novembro de 2022, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do área Recreativa da Ribeira de Caldelas (Tui). O noso alumnado participante gozou dunha gran xornada, acadando grandes resultados, que lles dan o pase para participar no Campionato Provincial de Campo a Través. Noraboa!.

(preme na imaxe para máis información)

Renovación Consello Escolar

 

(Preme na imaxe para obter información)

MAGOSTO 2022

O pasado mércores día 2 de novembro de 2022, levouse a cabo o Magosto no colexio. Pola mañá o alumnado de primaria gozou dunha estupenda xornada de xogos populares, onde o alumnado de 6º foi o encargado de ensinar aos demáis cativos.(preme na imaxe para máis información)

Distribuir contido


by Dr. Radut