Receita de Outubro. Castañas cocidas
Coa chegada do mes de Outubro, os nosos bosques enchéronse de castañas ao rir os castiñeiros. Nos paseos en familia recollemos moitas para sementar e degustar na escola. Esta semana decidimos facer unha receita especial "Castañas cocidas" con fiuncho, néboda e sal.
Tivemos que poñer a proba os nosos sentidos: O olfato, o gusto e o tacto, fixeron que resultaran emocións agradables e desagradables.
No recreo degustámoslas e ben que nos gustaron!
(Preme na imaxe para acceder a toda a información).