Skip to Content

50 Aniversario CEIP Nº2 de Tui

O pasado venres día 28 de xuño de 2024, ás 19:00h tivo lugar a celebración do 50 aniversario do noso centro educativo.

(Preme para máis información)

 

 

Manifesto polo 3 de Decembro de 2023, Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Este é o manifesto polo 3 de Decembro de 2023, Día Internacional das Persoas con Discapacidade elaborado polo alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nº2 #Diverxente #Respectar #Aceptar.

 ENTRA AO DOCUMENTO ADXUNTO

Manifesto polo 25 de Novembro de 2023

As nenas e nenos de 6º de Primaria elaboraron un manifesto polo día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

#NósSeremosOCambio #NinUnhaMáis

  ENTRA AO DOCUMENTO ADXUNTO

Xornada de Formación para as familias e profesorado: “Educar en igualdade de Xénero. A importancia dunha Educación sexual en calidade”.

 

Terá lugar o vindeiro 14 de novembro de 2023, de 16:30-18:30h no salón de actos do centro, coa pedagoga e sexóloga Erea Devesa.  Está destinada a familias, profesorado e aberta a todas aquelas persoas que queiran participar de tod@s os centros educativos e contorna.

O CEIP Nº2  aposta dentro do proxecto diverxente, para dar resposta aos ODS da axenda 2030, neste caso: ODS 5: Igualdade de xénero, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 3: Saúde e benestar. Agardamos a vosa presenza e participación nesta xornada educativo-formativa por unha a comunidade educativa unida.

Genially 5ºA

O proxecto que vai levar a cabo o alumnado de 5ºA da materia “proxecto competencial” é crear unha marca de roupa.

Para iso terán que aprender a coser, aprender sobre os diferentes tecidos, as ferramentas que se empregan nun atelier e incluso facer patróns!

Poderán conseguilo?

Os nenos e nenas crearon este genially para pedir a colaboración de toda a comunidade educativa.

 

 

 

Apertura da biblioteca

O equipo da Biblioteca do Ceip Nº2, ten o pracer de compartir con todos vos o video de presentación da nosa biblio.

O día 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas escolares. Alí coñecimos a nosa nova mascota. Chámase BIT. É un pequeno dato que ven a axudarnos durante todo o curso. Benvido!

Campo a Través

 

Sport Running Sticker by Deutsche Hochschule für Prävention und  Gesundheitsmanagement for iOS & Android | GIPHYAprázase a xornada de Campo a Través

Woman Running Sticker by EmojiVid for iOS & Android | GIPHY

Escolar Zonal 23-24.

Área Recreativa Borralliño Soutelo Salceda de Caselas

Xoves 26 e venres 27 outubro 2023.

A xornada de Campo a Través, en horario escolar de mañá, que ia ter lugar os vindeiros días: xoves 26 de e venres 27 de outubro de 2023, no área recreativa do Borraliño en Soutelo en Salceda de Caselas, destinada os/as nenos/as de 2º,3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria, queda aprazada para os xoves 9 e venres 10 de novembro respectivamente, por mor da choivaSentimos as molestias que isto poida cansar, para calquera dúbida poden chamar ao centro educativo. Moitas grazas.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Temos o pracer de presentarvos o noso novo proxecto DIVERXEN-T
Un proxecto no que esperamos dar respostas aos ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible) da axenda 2030
 
 
 
 
Todo o alumnado do centro participou na elaboración do video explicativo de cada una das ODS. 
(O video tarda un pouco en cargar polo que pedimos un pouco de paciencia na espera)
 
 
 

CAMPO A TRAVÉS HORARIO ESCOLAR

Os vindeiros 26 e 27 de outubro comezaremos as actividades deportivas de Agrudebam. Comezamos cunha proba de campo a través en horario lectivo, onde o máis importante será a participación. Os cursos que participarán serán 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. A proba terá lugar nas instalacións deportivas do Borraliño en Soutelo, Salceda de Caselas entre as 10:30h e as 13:00h. Se premedes enriba da foto podedes acceder a información que Agrudebam ten publicada na súa web: das carreiras, distancias, lugar, etc...

Distribuir contido


by Dr. Radut