Skip to Content

VIII Triatlón Tui-Porriño

O pasado sábado día 27 de xuño de 2023  tivo lugar o VIII Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e o Club San Telmo, a partires das 16:30h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui estivemos participando na proba de apoio como voluntarios. O alumnado de 6º foi o encargado de recoller a transición, un traballo importante.

(Preme na imaxe para máis información)

TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Inicio | Ti si que es un bo peixe                                                                                                                     Inicio | Ti si que es un bo peixe

 

O 18 e 19 de maio de 2023, tivemos na escola unha visita moi especial, viñeron os amigos de "ti si que es un bo peixe".

(Para máis información preme na imaxe)

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor conmemorado é Francisco Fernández del Riego. Os alumnos do CEIP Nº2 estiveron traballando sobre o autor e por aquí vos deixan os PODCAST que fixeron.

(Preme na imaxe para máis información)

BATIDO DE FRESAS DA NOSA ECOHORTA

Que ledicia ver que os esforzos dan o seu proveito!. Os cativos de primeiro recolleron o pasado venres 12 maio a primeira colleita das fresas que plantaron. Con elas fixeron un batido de fresas e leite no eco-comedor que deixou un cheiro exquisito en todo o colexio. Puideron ver, tocar e cheirar as fresas e incluso puxeron en xogo o sentido do oído co son do batedor.

(preme na imaxe para máis información)

RESTAURANTE TAPERÍA “LA DE MANU"

Os cativos de 2º tiveron a sorte de ser convidados por Manu Garrido ao seu restaurante “La de Manu”, un exemplo a seguir na nosa zona, tanto no persoal coma no laboral. Manu a parte de ser o dono dun dos restaurantes máis visitados da zona de Tui, proclamouse o ano pasado campión do mundo de piragüismo na modalidade maratón en C1 en Ponte de Lima.

(preme na imaxe para máis información)

DÍA DO LIBRO 2023

 

 

            Este ano, polo día do libro, organizamos unha actividade moi chula 

 

                    para disfrutar todos xuntos:  LECTURAS COMPARTIDAS.

    Alumnxs e profes reunímonos no patio para compartir un momento de lectura ao aire libre. Nenos e nenas trouxeron das súas casas libros que intercambiaron e que leron uns aos outros. Os máis pequenos xuntáronse de novo cos seus padriños e madriñas, disfrutaron dos seus mimos, da súa atención e das súas lecturas neste día. Dentro das aulas tamén xurdiron actividades e xogos moi orixinais cos libros como protagonistas.

(Preme na imaxe para máis información)

RECREOS RESIDUOS 0 Curso 22-23

Dentro do proxecto Naturalíza-T arrancamos no terceiro trimestre coa iniciativa " Recreos residuos 0", unha idea de @teachersforfuturespain que nos pareceu moi interesante e  decidimos unirnos a ela.

 

 

 
(Preme nas imaxes para máis información)

MERCADILLO DE INFANTIL CINTAS DE CORES

Os alumnxs e familias de infantil están a facer unha grande labor na horta. Sementaron leitugas e outros productos para vender no seu mercadillo "Cintas de cores2. 

Todo o que recaudan é para a excursión de fin de curso de infantil. 

(preme na imaxe para máis información)

Carreira Popular de San Telmo 23

  O pasado sábado de San Telmo, día  15  de Abril de 2023, a partires das 11:00h, tivo lugar a Carreira Popular de San Telmo 2023.  

(Preme na imaxe para acceder a toda a información de Deporte escolar)

XIV edición de "TUI Le"

     Este venres os alumnos de 1º e 2º A participaron no XIV "TUI Le", unha xornada de actividades organizada anualmente polas bibliotecas escolares xunto coa Biblioteca Municipal tudense.

O punto de encontro era a carpa instalada no Paseo da Corredoira, alí disfrutaron das actividades e da presenza de Bea Campos, co seu espectáculo "As palabras perdidas".

Aquí tedes o mural de Fernando Fernández del Riego (escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2023), no que todo o centro  colaboramos.

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

 

    Hai uns días chegou ás nosas aulas unha carta de Paco Nogueiras para anunciarnos o seu paso polo cole. As súas cancións soaron nas clases para animarnos coas súas letras, soamente quedaba que chegara o día para escoitalo e disfrutar cos seus contos.

(Preme na imaxe para acceder a toda a información)

 

 

Semana da prensa

    Os nenos e nenas celebraron a Semana da Prensa con actividades moi orixinais. Dedicáronlle un tempiño aos periódicos para buscar noticias, letras, imaxes. Algúns cursos fixeron os seus propios periódicos, dedicados ás mulleres importantes das súas vidas, dado que coincidía co Día da muller. Outros crearon titulares tolos, recortando unha fotografía dun periódico que acompañaron cun titular completamente diferente ó que tiña.

(Preme nas imaxes para máis información)

 

MANUALIDADES RECICLADAS

AGASALLO PARA OS AFILLADOS

Curso 22-23

Antes de marchar de vacacións de Pascua, os nenxs de 3ºP fixeron un coello con  ovos de chocolate, feito con materiais reciclados ( botellas de plástico). 

Leváronllos aos seus afillados de 4 anos. Eles tamén tiñan unha sorpresa preparada para os seus padriños, uns regaliños de chocolate.

Pasárono xenial!!

Visita ao Porto da Guarda

Inicio | Ti si que es un bo peixeAlumnado de 2º de Educación. Primaria.      Inicio | Ti si que es un bo peixe

O pasado xoves día 16 de marzo, o alumnado de 2º visitou o Porto da Guarda, dentro do Programa do Plan Proxecta: " Ti es un bo peixe.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZO DE 2023

Hoxe, día 8 de marzo de 2023, celébrase o " Día Internacional da Muller".Día Internacional de la Mujer 2023: origen, significado y por qué se celebra el 8 de marzo en España

Todo o cole participou nunha fermosa actividade :

1º. Lectura  dun manifesto en defensa da muller, da igualdade na vida e no deporte, escrito polo alumnado de 6ºA ao que lle puxeron voz: Alicia, Alexia, Anxo e Sabela

2º. Unha cantiga " Chea de Vida" de Gaudí Galego que cantada polo noso alumnado nos fixo vibrar neste acto.

(preme na imaxe para máis información)

Distribuir contido


by Dr. Radut