contido |
Visita a Illa de San Simón para @s alumn@s de 1º e 2º. Os primeiros día de xuño de 2019 o alumnado de 1º e 2º visitaron a Illa de San Simón, un lugar moi pertiño de Tui onde tiveron oportunidade de navegar en barco, visitar a Illa de San Simón, saber das súas aventuras históricas e xogar no seu entorno. Pasárono xenial.
|
|||
Equitación en Hípica Lazán para @s alumn@s de 1º e 2º. Os primeiros día de xuño de 2019 o alumnado de 1º e 2º visitaron Hípica Lazán, un lugar moi pertiño de Tui onde tiveron oportunidade de aprender moito sobre o mundo dos cabalos, como alimentalos, coidalos, peitealos, etc...
|
|||
Unha rica ensalada da horta O pasado xoves 23, os nenos e nenas de 4 anos fixemos una ensalada cos produtos que plantamos na horta: leitugas e cenorias. A maiores engadímoslle pavo, queixo, mazá, atún e espárragos. Saíunos tan deliciosa que non chegou toda a que preparamos e ¡quixemos repetir e facer máis! |
|||||||||||
Camiño de Santiago Portugués e paseo no Cabo Fradera. O mércores, día 27 de maio tivo lugar para o alumnado de 1º EP, unha actividade de sendeirismo para achegarse ao Camiño de Santiago Portugués que ten a súa porta de entrada en Tui e a visita á mesma, no patrulleiro do Miño, Cabo Fradeira. Unha xornada de colaboración do centro coas familias, a Patrulla Naval do Río Miño e o Concello, onde o noso alumnado disfrutou moito navegando.
|
|||
Intercambio de alumnado Erasmus+ do alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a Figueira da Foz en Portugal. Dentro do Programa Europeo Eramus+ que o O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui está levando a cabo durante os cursos 2018-2020 co nome de “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou dende o luns 20 ata ao venres 24 de maio de 2019, nun “Intercambio de alumnado a corto prazo” polo que visitou o Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz. O alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui, visitou o Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz, para poñer en valor estilos de vida saudables na Península Ibérica. Este foi o primeiro de un conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España e Portugal. O luns día 20 o alumnado viaxou ata Figueira da Foz aproveitando para visitar as cidades de Oporto e Aveiro. O martes día 21 a Escola Abadías organizou unha festa de benvida que foi seguida dunha clase de danza moderna. Xa pola tarde alumnado de Portugal e España intercambiaron Xogos Populares de Portugal e Galiza así coma tiveron a posibilidade de visitar a Casa do Paço, un museo de cerámica típico de Figueira da Foz. O mércores día 22 a Escola Abadías tiña previsto a visita aos Moinhos da Gándara onde o alumnado compartiu momentos de xogo coas tradicións da zona: Elaboración de fariña artesanal, pan, talleres con elementos naturais, así como a visita ao museo e conxunto etnográfico de estes muíños tanto de auga coma de vento, etc... O xoves día 23 tivemos a oportunidade de visitar o Museo da sal e as salinas da Cámara Municipal de Figueira da Foz. Xa pola tarde alumnado de Portugal e España intercambiaron Xogos Populares de Portugal e Galiza así coma tiveron a posibilidade de visitar a Casa do Paço, un museo de cerámica típico de Figueira da Foz. O venres día 24 o alumnado do Ceip Nº2 de Tui regresou a Tui despois de pasar o día en Magikland, coas maletas e mochilas cargadas de bos recordos, experiencias fantásticas e aventuras que xamais esqueceran. |
|||||||||||||
Cociñando cos productos da nosa horta Tras a recolectas dos nosos brócolis da horta, as clases de primeiro decidimos facer unhas recetas saudables para a merenda. A clase de 1ºA preperamos unas deliciosas muffins de ovo e brécol e a clase de 1ºB preparamos duas deliciosas quiches, una con carne e outra vexetariana. Pasámolo xenial e demostramos ser uns grandiosos chefs. Ademais, a quiche quedounos boísima.
After picking up the broccoli that we have planted in our garden, first grade decided to cook some healthy recipes and eat them in our break. First grade A prepared some delicious muffins with egg and broccoli; First grade B cooked two fabulous quiche, one vegetarian and the other one with some meat. We had a great time and we proved to be magnificent chefs. Furthermore, the quiche and the muffins were delicious. |
|||||||||
Equitación en Equigalia para Educación Infantil. Os días 10,14 e 15 de Maio de 2019 para o alumnado de Infantil levouse a cabo unha actividade no medio natural para achegarse á equitación, nas instalacións de Equigalia en Tui. O alumnado de Infantil aprendeu moito sobre o mundo dos cabalos, como alimentalos, coidalos, peitealos, etc...
|
|||
O Fútbol Gaélico Despois da viaxe a Armagh dos profes Adrían, Ramiro e Sara, aprendemos con eles moitas cousas sobre Fútbol Gaélico. Ramiro estivo en varias clases de Educación Física para ensinarnos cousas moi interesantes de este deporte. Eles tiveron a oportunidade de formarse como monitores de Fútbol Gaélico en Armagh. Aquí vos deixamos algunhas fotos das clases que foron moi divertidas.
Cousas interesante de Fútbol Gaélico. • É un deporte de equipo que se xoga fundamentalmente en Irlanda. Sendo o máis importante do país, xunto ao Hurling e ao Rugby. • Xógase en equipos de 15 xogadores, nun campo de herba, rectangular con porterías en forma de H • Obxectivo é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mas e metelo na portería, dando como máximo 3-4 pasos sen patear ou golpear o balón. O Terreo de Xogo:
O campo e rectangular, de entre 130 y 145 metros de longo e entre 80 e 90 metros de ancho. As porterías son con forma de H a ambos lados con unha rede na parte inferior. O Balón: Utilizase un balón de coiro, similar a un de fútbol, pero lixeiramente máis pesado, e con forma horizontal, parecidas ao balón de voleiball. Pódese patear, así como executar pases coas mans. Para realizar isto golpease a pelota coas mans e co matapiollos. Os Partidos: Todos os partidos duran 60 minutos, divididos en dúas metades de media hora cada unha, cunha excepción de partidos senior entre condados, que duran 70 minutos (dúas metades de 35). Os empates decídense xogando outra vez ou engadindo 20 minutos de tempo adicional en dúas metades de 10 minutos. Equipo en Galicia: Existen equipos masculino, femininos e outros que deciden xogar mulleres e homes coas mesmas regras para fomentar a igualdade de xénero en materia deportiva. A esta liga Galega chamase Liga Gallaecia, y formouse a mediados do ano 2013. Os equipos que optan por esta opción son Suevia FG de Compostela, Ambílokwoi de Vigo, Afiador@s de Ourense, Torques de Lugoslavia de Lugo , Cascarilha de A Coruña, Condado Gaélico de As Neves, Gróvios FG de O Baixo Miño, Fusquenlha FG de Pontedeume, Buril FG de Sarria y Fanecas Bravas FG de Curtis.
Aquí podedes ver algunha foto de como se xoga.
Pincha aquí se queredes investigar máis sobre fútbol gaélico. Atoparás información de este deporte en Galicia. |
|||
O alumnado de 3º planta na horta de Lúa
Coa chegada da primaveira, a subida das temperaturas e a saída do Sol, o alumnado de 3º aproveitamos para plantar na horta de Lúa. Con estas temperaturas máis altas do mes de abril, xa podemos plantar ao aire libre. Nós decidimos plantar leitugas e cenorias. Tivemos que preparar a terra, abrir os surcos, botarlle abono e logo colocar as plantiñas con moito xeitiño, para finalmente regalas e deixalas medrar. Esperamos poder probalas no mes de xuño, seguramente estarán riquísimas e poderemos facer con elas exquisitos platos saudables.
|
|||||||
Plantamos árbores frondosas para reforestar Voz Natura Durante o primeiro trimestre o alumnado de 3º a 6º plantamos árbores como xa vos explicamos con anterioridade. Aquí vos deixamos algunhas fotos máis dos últimos cursos que fixemos a plantación. O alumnado de 5º esperamos que medren sans e fortes para a vindeira Aloiada 2020.
|
|||||||
Día de Europa. United in diversity. Unidos na diversidade. O lema da Unión Europea “ unida na diversidade” fai referencia á maneira na que os europeos se uniron, formando a UE, para traballar a favor da paz e da prosperidade, beneficiándose ao mesmo tempo da gran diversidade de culturas, tradicións e linguas do continente. O noso centro está nun proxecto Erasmus+ que promove estes valores, con colexios de Portugal, España, Italia e Irlanda. Este lema que foi usado por vez primeira no ano 2000, celebrase cada 9 maio para conmemorar o Día de Europa. Aquí vos deixamos o lema no idioma dos nosos compañeiros de proxecto Erasmus+ Galego: Unidos na diversidade Español : Unida en la diversidad.
Inglés : United in diversity.
Irlandés : Aontaithe san éagsúlacht.
Italiano : Unita nella diversità. Portugués : Unida na diversidade. |
|||
Carreira VI 10 km Concello de Salceda 19. Dom 5 de Maio 2019 O pasado domingo, día 5 de Maio pola mañá, tivo lugar a III Carreira 10Km Concello de Salceda 19, na praza do Concello de Salceda de Caselas. Alí estivmos algúns nenos e nenas do noso colexio participando coa profe Sara e a profe Patri. Foi unha actividade estupenda onde disfrutamos e obtivemos grandes resultados. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mellores momentos. |
||||||||||||||||||
A Milla de Lúa Erasmus+. E como quen non quer a cousa, xa estamos no mes de Maio, despois do reconto de este mes, comprobamos que 1ºB xa chegou a Dublín. Noraboa!!!
Moitas grazas a tod@s nen@s que seguides facendo a milla de forma responsable, sumando millas para a vosa clase e gozando de un estilo de vida saudable e feliz. E como podedes ver xa empezamos a recibir os primeiros montaxes de Infantil sobre a Milla. Esta é a terceira actividade que temos que presentar no proxecto Erasmus+ este ano. Moitas grazas aos alumnos de 5 anos por prepara nos cousas tan bonitas. |
|||||||
Xornada de Loita Galega 4º. Curso 18-19 O pasado mércores día 17 de abril, tivo lugar a Xornada da competición escolar de Loita Galega para o alumnado de 4º. Dita xornada foi no Pavillón vello de Tui en horario de 10:00h-13:30h. Nesta xornada participaron o C.E.I.P Nº1 de Tui, o C.E.I.P Guillarei, o C.E.I.P de Randufe, o C.E.I.P de Rebordáns e o C.E.I.P Nº2 de Tui. Unha fantástica xornada onde o noso alumnado tomou contacto con xogos de iniciación a defensa persoal, a loita galega e o respeto aos contrarios.
|
|||
Biblioboletín 2º Trimestre curso 18/19. Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »