SAÍDA 5 ANOS - APÍPOLIS

Tamén hoxe os nen@s de 5 anos visitaron Apípolis e aprenderon un montón sobre o fascinante mundo das abellas, probaron o mel, fixeron unha candea, e ata vestiron como apicultores. 

SAÍDA 3 ANOS - INDIANABILL

E hoxe foi o truno dos máis pequerrechos do cole, que foron a IndianaBill e o pasaron fenomenal.

ALUMNADO ANOTADO AOS SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Publícanse no taboleiro interior de anuncios do centro as LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ANOTADO aos servizos de comedor e transporte escolar para o próximo curso 2024/25. SOAMENTE É UNHA RESERVA. Neste momento todas as solicitudes teñen praza.

A primeiros de setembro, publicaremos as listaxes DEFINITIVAS.

O NOVO ALUMNADO, solicitará estes servizos no prazo de matrícula, xunto cos impresos do centro (20 ao 30 de xuño).

Os formularios de reserva xa están pechados, se alguén quedou sen solicitar praza dentro do prazo, deberá facelo por teléfono na secretaría do centro (886110532).

DÍA MUNDIAL DO ACOLLEMENTO FAMILIAR

O acollemento familiar ten que ser unha realidade coñecida, unha opción a valorar dentro dunha sociedade xusta e implicada, que pon o foco na nosa infancia e adolescencia, no noso futuro.

Neste día difundimos o acollemento familiar e facémolo visible con este xesto.

Anímaste?

#acougo.gal

SAÍDA 6ºEP - A CORUÑA

Nesta ocasión amosámosvos a saída dos maiores do cole. Os mozos e mozas de 6º foron á Coruña. Alí visitaron tres museos: O Domus, A Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae. Cada un deles profundiza nun ámbito das ciencias diferente.

A Casa das Ciencias na física, astronomía e medios de comunicación. O Domus na evolución da humanidade e a súa historia. O Aquarium Finisterrae na vida mariña.

Pasaron un día xenial que nunca esquecerán.

PROXECTO ESCÓITOTE!

Dende hoxe temos en marcha nos recreos o proxecto Escóitote!

Escoitote! está pensado para dar voz a aqueles nen@s que teñan algún problema ou inquedanza e precisen de alguén de confianza que @s escoite e lles axude a resolvelo. Para iso alumn@s voluntari@s tiveron que facer unha formación durante varias xornadas. Agora xa están preparad@s!

Moitas grazas polo voso traballo!

CLUB DE PIRAGÜISMO TEA

Hoxe visitánronnos dende o Club de piragüismo Tea de Mondariz para darnos unha charla sobre este deporte olímpico e animarnos a practicalo.

CLUB DE CIENCIA NATURIÑA NA RÚA

O alumnado do noso Club de ciencia Naturiña estiveron nas rúas de Ponteareas na tarde do pasado venres amosando algúns dos seus experimentos, incluído o que presentaron na pasada edición de Galiciencia, "Afundirase"?

Que divertido e que ben o fixeron!

CARREIRA POLA LINGUA

Onte por fin puidemos celebrar a CARREIRA POLA LINGUA!

Despois de quedar adiada polo mal tempo o día 16 de maio, onte corremos todos os cursos lucindo os dorsais que fabricamos para a ocasión. Cada ciclo o fixo cunha traxectoria adaptada ao seu nivel. Logo repuxemos forzas con auga e plátanos!
Un forte aplauso para tod@s @s corredor@s!

SAÍDA 3ºEP - CORAXFAUNA

Os seguintes en ir de excrusión foron os nen@s de 3º

Foron ao centro educativo e de rescate de fauna Coraxfauna e alí viron animais de distintas especies e puideron participar en actividades destinadas a fomentar a curiosidade e o amor pola natureza.

Para rematar a viaxe foron ata Santiago de Compostela. Que ben o pasaron!

 

Distribuir contido