CHARLA SOBRE A ALIMENTACIÓN SAUDABLE
O mércores 3 de abril, despois deste parón de Semana Santa, achegáronse ata o colexio Nuria e Adrián do Centro de Saúde de Forcarei para falarnos sobre hábitos saudables. A través do conto " Os Bolechas educan a Pepiño Chispa" e xogos manipulativos puidemos aprender a preparar o noso Plato Saudable.
#ceipnosasenoradasdores
#cpinnova:EDUsaúde