EXPOSICIÓN SENDA LITORAL
A exposición Senda Litoral de Galicia visita o noso cole coa intención de pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe e a natureza do territoro polo que atravesa a Senda. Coa axuda de Rubén coñecemos rochas, area e cunchas de diferentes territorios polos que atravesa esta senda. E, o máis chamativo e especial foron as gafas 3D que nos permitiron trasladarnos por un intre a espazos e áreas paisaxísticas da Senda Litoral de Galicia.
#ceipnosasenoradasodres
#cpinnova: EDUsostibilidade